Entries by aulacastelao

Presentación da XL Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Tempo

A Aula Castelao fai 40 anos abordando o tempo dende diferentes perspectivas que inclúen a nosa contemporaneidade, a distribución do tempo no capitalismo ou as doenzas mentais como producto da aceleración do tempo que padecemos na actualidade  A profesora de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid, Ana Carrasco con ‘As sete maneiras de medir […]

XL SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, FILOSOFÍA E TEMPO

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía. A XL Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 1 ao 5 de abril de 2024, baixo a epígrafe de “Filosofía e Tempo”. Xa está aberto o prazo de matriculación, pecharase o domingo 31 […]

A UVigo renova a súa colaboración coa Semana Galega de Filosofía

Co concepto de tempo como núcleo temático, a Semana Galega de Filosofía celebrará do 1 ao 5 de abril os seus 40 anos de traxectoria, e farao contando novamente coa colaboración da Universidade de Vigo. Con ese obxectivo, este venres tivo lugar a sinatura do anexo ao acordo marco que a institución académica mantén desde […]

Recepción no Concello de Pontevedra

A XL Semana Galega de Filosofía foi presentada esta terza feira en Pontevedra como unha das citas culturais máis lonxevas e máis relevantes dentro do circuíto intelectual galego. Neste ano 2024, o ciclo de conferencias organizado pola Aula Castelao alcanza unha nova edición logo de catro décadas reflexionando, xerando pensamento crítico e levando até a cidade […]

XORNADAS DE PENSAMENTO E CREACIÓN. FILOSOFÍA E CINEMA

Dentro dos actos de conmemoración dos 40 anos de existencia da Aula Castelao de Filosofía imos levar a cabo, conxuntamente coa Universidade de Vigo, as Xornadas de Pensamento e Creación, co obxectivo de analizar a relación entre filosofía e cinema. A Semana de Filosofía este ano achegouse á arte. E as artes, nas diversas canles […]

Santiago Auserón pechou a XXXIX Semana Galega de Filosofía

Santiago Auserón Marruedo (Zaragoza, 1954) estudou Filosofía na Universidade Complutense de Madrid (1972-1977) e na Université de Vincennes, París VIII (1977-1978), baixo a dirección de Gilles Deleuze. No ano 2015 foi nomeado Doutor en pola Facultade de Filosofía da UCM defendendo a súa tese Música en los fundamentos del logos. Así mesmo, foi cantante e […]

XXXIX SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: FILOSOFÍA E ARTE

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía. A XXXIX Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 10 ao 14 de abril de 2023, baixo a epígrafe de “Filosofía e Arte“. Xa está aberto o prazo de matriculación, pecharase o domingo 9 […]

Presentación da XXXIX Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Arte

A Aula Castelao de Filosofía achega na súa XXXIX Semana Galega de Filosofía a arte como medio de expresión do pensamento.  O evento, contará co catedrático de filosofía Francisco Jarauta para o relatorio de apertura “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”  A clausurá estará a cargo do músico e […]

Recepción no Concello de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, recibiron á Aula Castelao de Filosofía esta mañá co gallo de coñecer o programa da XXXIX Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Arte. Como en anos anteriores, este congreso internacional contará coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra. Esta […]

Filosofía e Teatro: “A Liorta”

Dentro das actividades de conmemoración do 40 aniversario da Aula Castelao de Filosofía, a nosa entidade organiza a posta en escena en Pontevedra da obra “A Liorta” de Avelaíña Teatro a vindeira sexta feira 10 de febreiro ás 20:30 h. no Teatro Principal. A entrada será de balde e libre.

Solicitude de comunicacións para a XXXIX Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Arte

Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXXIX SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 10 e 14 de abril de 2023, co título de: FILOSOFÍA E ARTE Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración […]

Bouchraya Hammoudi Bayoun, representante da Fronte Polisaria, clausura a XXXVI Semana de Filosofía, adicada ás fronteiras

15 relatores/as entre os/as que cabe destacar as figuras de Saskia Sasse, Jonh Holloway, Boaventura de Sousa, etc. compartiron os seus coñecementos ao longo de 5 días co debate e a crítica como protagonistas. Pontevedra, 25 de abril de 2019.- LMontse Bragado Trigo, membro da Aula Castelao, foi a encargada das conclusións desta sexta Semana […]

A XXXVI Semana Galega de ‘Filosofía e fronteira’ bota a andar da man da socióloga e catedrática Saskia Sassen: ‘O cidadán, e non só inmigrante, perdeu parte do respecto que lle debían o Estado e institucións’

Nos próximos días, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá outros relatores/as de renome tales como Boaventura de Sousa, John Holloway, Buchraya hamudi ou Jose Solana Dueso. Pontevedra, 22 de abril de 2019.- A XXXV Semana de Filosofía, organizada pola Aula Castelao, botou a andar esta mañá no Teatro Principal de Pontevedra nun acto inaugural presidido […]

O TDAH é insustentable como categoría diagnóstica. É unha cuestión de autocontrol que se pode aprender.

O psicólogo Marino Pérez plantexa o adestramento en  principios de conduta como ferramenta frente á medicación Que a medicación poida aliviar os síntomas, non certifica que sexa unha enfermidade. Pontevedra, 19 de abril de 2017.-  Mercedes Moreno presentaba o relatorio da tarde como “un tema que nos preocupa moito na Aula Castelao debido ao forte […]

A XXXV Semana Galega de Filosofía aposta pola comunidade e as formas de debate común para mellorar a actual sociedade individualista

Profesionais como Silvia Federici, Sánchez Gordillo, César Rendueles ou Daniel Raventós, daranse cita no Principal entre o 2 e o 6 de abril O prazo para matricularse e obter a correspondente homologación permenecerá aberto de hoxe ao domingo anterior ao inicio da Semana. Pontevedra, 17 de marzo de 2017.- A Aula Castelao de Filosofía presentou […]

XXXVII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E CIVILIZACIÓN DIXITAL”

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía. A XXXVII Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 5 ao 9 de abril de 2021, baixo a epígrafe de “Filosofía e Civilización Dixital“. Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de […]

Cancelación da Semana Galega de Filosofía en 2020 e realización da mesma en 2021 co mesmo programa previsto

A Aula Castelao de Filosofía acordou cancelar definitivamente a celebración da Semana Galega de Filosofía do presente ano. Vímonos obrigados a suspendela nas datas previstas e adiala para setembro por causa do estado de alarma. Mais, debido a que despois de rematado o actual curso académico e que as autoridades educativas acaban de estabelecer un protocolo moi cuestionado polo profesorado para o comezo das aulas á volta do verán, e dadas as advertencias das autoridades sanitarias sobre previsíbeis rebrotes do coronavirus logo das vacacións, consideramos que nesas circunstancias a realización da Semana de Filosofía en setembro non se podería levar a cabo coas garantías suficientes que fagan prever o seu normal desenvolvemento.

Por todo isto, acordamos trasladar o programa previsto para esta XXXVII Semana Galega de Filosofía que leva por título “Filosofía e Civilización Dixital” para o vindeiro ano nas datas tradicionalmente estabelecidas (logo da Semana Santa, do 5 ao 9 de abril de 2021), agardando que se produza unha redución da incerteza en que hoxe nos movemos e unha consecución de máis seguridade, co fin de ofertar unhas xornadas de debate da maior calidade posíbel.

MANIFESTO EN DEFENSA DAS HUMANIDADES

Desde o profundo convencemento de que o hiato existente entre ciencias e humanidades debe dar paso inmediato a un achegamento, e de que este trazo debería definir a tan debatida -desde os anos sesenta do pasado século!- terceira cultura, comezamos o noso alegato:

Porque o feito de primar as ciencias sobre as humanidades déixanos en orfandade. Quedamos redeadas e rodeados polo útil, concibido como aquilo que xera solucións a curto prazo, e polo universo do artificial, aparentemente perfecto (non hai máis que ver os nosos sistemas educativos onde se impón o manexo da tecnoloxía, da informática, os procedementos algorítmicos e a economía formalista, xunto co inglés claro está). Pero esquecémonos de que a intelixencia é algo máis: é o razoamento, a reflexión, o tomar decisións e o formarse unha idea determinada da realidade.

URXENTE! CAMBIO NOS RELATORIOS: EMANUELA FORNIARI NON PARTICIPARÁ NA XXXVI SGF

Por causas alleas á súa vontade, Emanuela Forniari non poderá participar na XXXVI Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Fronteira.

O seu relatorio estaba previsto para o martes 23 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar participará Alberto Cruz Bravo.

O seu relatorio titúlase “As tormentas de area borran as raias das fronteiras”.

XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E FRONTEIRA”

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXVI Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 22 ao 26 de abril de 2019, baixo a epígrafe de “Filosofía e Fronteira”.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.

Solidariedade co pobo venezolano

A Aula Castelao desexa facer público o seu apoio e solidariedade para co pobo venezolano e ó goberno lexítimo de Nicolás Maduro, así como facerse eco das seguintes verbas do mestre e amigo Farruco Sesto:  

SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXVI SGF: FILOSOFÍA E FRONTEIRA

Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciar a próxima celebración en Pontevedra da XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 22 e 26 de abril de 2019, co título de: Filosofía e Fronteira. Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana. O prazo de admisión de […]

Conferencia de Ramón Grosfoguel: “O xiro decolonial” (a mirada da humanidade excluída)

No 35 aniversario da Semana Galega de Filosofía, dende a Aula Castelao de Filosofía, quixemos organizar un encontro co profesor Ramón Grosfoguel, membro do grupo modernidade/colonialidade que representa a actualización da tradición de pensamento que incorpora a visión dos colectivos habitualmente excluídos da historia do pensamento. Tratan de botar luz sobre aquelas achegas que minusvaloramos […]

XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E O COMÚN”

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.

A XXXV Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 2 ao 6 de abril de 2018, baixo a epígrafe de “Filosofía e o Común”.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores, a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.
Podedes descargar o dossier da XXXV SGF “Filosofía e o Común” dende esta páxina.

SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXV SGF

Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 2 e 6 de abril de 2018, co título de: Filosofía e o Común.
O prazo de admisión de comunicacións rematará o 10 de xaneiro de 2018.

A industria do medicamento: Un negocio saudable?

Documentación da conferencia impartida o martes 18 abril de 2017 ás 20:00 por don Germán Velásquez, Conselleiro Especial para Saúde e Desenvolvemento no Centro Sur en Xenebra, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Presentación en PowerPoint (3’6 MB):  “A industria do medicamento: Un negocio saudable?” Texto completo en PDF: “A industria do medicamento: Un […]