Entries by aulacastelao

Perigo! Un tratado que nos ameaza. Paremos o Tratado Transatlántico de Libre Comercio e Inversión, TTIP!

O TTIP é un tratado que se está negociar desde xuño de 2013 entre a Unión Europea e Estados Unidos, cunha total falta de transparencia, de costas á cidadanía e aos seus representantes elixidos democraticamente. O seu obxectivo principal é, segundo recoñeceron os negociadores, eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan os beneficios potenciais das corporacións […]

Consecuencias económicas do rol dependente de Galiza no estado español no marco da UE

Galiza insírese no Estado Español dun xeito politicamente dependente e economicamente periférico, xa que logo, alleo aos centros de decisión política e económica. A pertenza do Estado español á Unión Europea, onde o Estado español forma parte dos países periféricos dunha unión que prima os intereses do capital financeiro franco-alemán, reforza a condición do noso […]

Crise, adelgazamento e deformación dos conceptos ético-políticos

A maioría dos conceptos ético-políticos que manexamos na actualidade (liberdade, xustiza, igualdade, democracia, revolución, utopía, etc.) remóntanse á antigüidade, malia que convendremos en que o seu significado data das orixes da modernidade, como moi ben sinalara o filósofo alemán Reinhart Koselleck na súa historia conceptual. Sen embargo, parecera que nas últimas década asistimos a un adelgazamento […]

O “procés català” e a política do século XXI. Soberanías, representación e discurso para unha revolución democrática

Ridiculizado, minusvalorado e insultado, o proceso político republicano en Catalunya leva sete anos consolidando novas formas políticas, de discurso e de representación. Dende as movilizacións masivas ata a creación de novos suxeitos políticos (ANC) dende a trituración de vellos partidos (CiU, ICV, PSC…) ata a consolidación dunha vía democrática que leve á creación da República […]

O suxeito político e a cuestión nacional

Por suxeito político enténdese a colectividade (non multitude) que é quen de crear unha subxectivación tal –con independencia do lugar asignado no seo do capitalismo- que irrompe decisivamente contra a orde establecida por ese modo de produción. No caso galego, o axioma é nidio: sen liquidar a opresión de clase e sen afirmar a idea de nación e […]

Política e Vulnerabilidade

Desde Platón, como subliñan diversos autores e autoras (Alasdair MacIntyre, Martha Nussbaum, Adriana Cavarero) a historia da filosofía ignora a vulnerabilidade humana. Nos últimos anos, non obstante, constatase que a vulnerabilidade vai adquirindo unha presenza cada vez máis importante no pensamento filosófico, ético e político. Ben é certo que desde os anos setenta a vulnerabilidade […]

A relación sexual entre homes e mulleres non se pode escribir

A relación sexual non existe. Jaques Lacan Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía. Araceli Fuentes García-Romero. Psicoanalista en Madrid. Formada na ensinanza de Jaques Lacan. Analizouse en París coa Sra. Colette Soler. Membro da Escola Lacaniana de psicanálise e da Asociación Mundial de psicanálise. Realizou o seu pase e foi nomeada Analista da […]

Sexualidade e identidades desobedientes: Unha pedagoxía transgresora para a transición do status quo ao status queer

Calquera estratexia para eliminar a violencia de xénero, debe por tanto, comparar as carencias culturais e as estructuras sociais que a perpetúan. Lori Heise Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Victoria Carrera. Licenciada en Psicopedagoxía eDoutorada pola Universidade de Vigo en 2010 coa tese “Maltrato escolar entre iguais en Educación Secundaria Obrigatoria: Prácticas […]

O sexo de pago. Os discursos en torno á pornografía e á prostitución

¿Existe un buen modo de categorizar los cuerpos? ¿Qué nos dicen las categorías? Las categorías nos dicen más sobre la necesidad de categorizar los cuerpos que sobre los cuerpos mismos. Judith Butler Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Dolores Juliano Corregido. Cursou a licenciatura de Antropoloxía en Arxentina e doctorouse en Filosofía e […]

Ciencia, inocencia e sexo

A inxenua analoxía dos órganos dos dous sexos desapareceu, pero aínda temos que desprendernos de moitos outros errores heredados, pois o percorrido desde a disección ata a formulación é tan complicado, tan pouco directo e tan condicionado pola cultura coma antes. Ludwik Fleck Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Javier Peteiro Cartelle. Nado […]

Historia do movemento LGBT en Galicia

Todas as personas producimos xénero, produzamos liberdade. Argumentemos con infinitos xéneros. Manifesto transfeminista Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Laura Bugalho. Diplomada en Maxisterio e licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Social, traballa como sindicalista da CIG desde 1992. Asemade ten destacado como activista LGBTQ, feminista e transfeminista e a prol dos […]

Mercados do sexo en Galicia vs Industria da salvación

  …a prostituta está dobremente disminuida respecto ó seu cliente, pola necesidade material que a levou a ese oficio (presión de clase), polo seu estatuto de muller (presión de xénero). Pascal Bruckner Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía José López Riopedre. Doutor en Socioloxía, avogado, diplomado en criminoloxía e profesor-titor de Socioloxía e […]

Nocións de sexosofía antiga

Mentres o sexo sexa tratado coa actual confusión, ignorancia e sofisticación, negación e indulxencia, supresión e estimulación, castigo e explotación, misterio e proposta, será asociado coa duplicidade e indecencia en vez de honestidade intelectual ou dignidade humana. Alfred Kinsey Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Joserra Landarroitajauregi Gara. Sexólogo. Pedagogo. Psicólogo. Co-director do […]

As mulleres na historia moderna de Galicia: Entre os desexos e as realidades

As razóns que levaron a moita mulleres ó claustro foron varias, aínda que é certo que estamos ante un fenómeno non cuantificable. M.J. Lanzagorta Arco Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Ofelia Rey Castelao. Ofelia Rey Castelao é catedrática de Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, na […]

Concepção da filosofia e da religião Africana sobre sexualidade feminina: Mitos ou factos

Matriliñalidade e matrilocalidade asumen unha serie de vantaxes vistas do punto de vista de mulleres e comparado coa patriliñalidade e patrilocalidade. Signe Arnfred Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Manuel Cochole Paulo Gomane. Licenciou-se em Filosofia pela Universidade Pedagógica de Moçambique onde também realizou estudos de mestrado nessa área. Atualmente, é professor do […]

Lección de Clausura a cargo de Román Gubern

A rede permite (e hasta estimula) un cambio de identidade sexual (gender swapping) do operador, para experimentar coa transexualidade virtual, pois cada suxeito pode xogar ó cambio de sexo e de personalidade para explorar, sin risco, unha alteridade sexual que lle resultaría moi complicada e arriscada na interacción cara a cara. O eros electrónico Filosofía […]

Xenealoxía da identidade sexual

A partir e por medio dos nosos desexos, podemos establecer novas modalidades de relacións, novas modalidades amorosas e novas formas de creación. O sexo non é unha fatalidade, non; é una posibilidade de vida creativa. Michel Foucault Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Elvira Burgos Díaz. Doutora en Filosofía pola Universitat de València e […]

Sexualidade, produción e mercadorías

A quen primeiro lle rouban o seu devir para imporlle unha historia ou unha prehistoria é á moza. O turno do mozo ven despois, pois ó porlle á moza como exemplo, ó amosarlle á moza como obxecto de desexo, fabrícanlle á vez un organismo oposto, unha historia dominante. A moza é a primeira víctima, pero tamén debe servir de exemplo e de trampa. Gilles Deleuze Filosofía […]

Na sexualidade (como en todo) a diversidade é a diferenza o que a igualdade é aos dereitos: o transxénero.

Coñezo o amor heterosexual e o homosexual, e como lesbiana coñecín a persecución, a maledicencia e o maltrato. Kate Millet Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía José Antonio Nieto Piñeroba. Catedrático emérito de Antropoloxía da Sexualidade e de Socioloxía da Diversidade na UNED. Ten publicados, entre outros, os seguintes libros: Transexualidad, transgenerismo y […]

Sexus e Eros versus Locus genitalis

A nítida diferenciación dos sexos na nosa cultura debeu probablemente a súa configuración á monogamia e á monosexualidade e os seus tabús. Foi unha violación da natureza. Laurence Durrell Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Efigenio Amezúa Ortega. Doutor en Sexoloxía, director do Instituto de Sexoloxía Incisex, Estudos de Postgrao de Sexoloxía Incisex […]

XXXII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E SEXUALIDADE”

Entre os días 6 e 10 de abril de 2015 celebrouse no Teatro Principal de Pontevedra a XXXII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA co título de: Filosofía e Sexualidade. Programa: Mañá: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBRE A SEXUALIDADE. Este eixo desenvolverá os relatorios de maior contido e peso académico. Abrirá o debate o Profesor Efigenio Amezúa da Universidade […]

MANIFESTO CONTRA O ANTEPROXECTO DE REFORMA EDUCATIVA

A “Aula Castelao de Filosofía”, asociación constituída por profesionais de distintas ramas do saber, que traballan nos eidos intelectual e docente para transformar Galicia nunha sociedade de cidadáns e cidadás libres, iguais e solidari@s. Á vista das propostas estabelecidas polo Ministerio de Educación no seu borrador do Anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da […]

MANIFESTO CONTRA A ACTUAL DETERIORACIÓN DO ENSINO PÚBLICO

A AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA, como colectivo de ensinantes de educación secundaria na súa maioría, e como foro de reflexión crítica, de renovación educativa e de contribución á normalización da lingua e cultura propias de Galicia, quere manifestar e denunciar o seguinte: Amosamos a nosa preocupación e repulsa polas medidas restritivas que nos últimos anos […]

XXIX SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E EUROPA”

Entre os días 9 e 13 de abril de 2012 celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía, co título de Filosofía e Europa. Como en anos anteriores tódalas sesións tiveron lugar no auditorio de Novacaixagalicia, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé. [nggallery id=63]

A Aula Castelao recibe o premio Xoán Manuel Pintos 2011

A Aula Castelao foi galardoada co premio Xoán Manuel Pintos 2011, concedido polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua. Desta maneira se recoñece o labor de impulso, que o noso colectivo fai, do uso da lingua propia de Galicia: o galego. Tódalas persoas que formamos parte da Aula Castelao agradecemos […]

Manifestación contra as autorizacións ambientais a ENCE/ELNOSA

A Aula Castelao apoia a manifestación deste venres 21 de outubro, convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría. Con esta manifestación, a cidadanía expresará á Xunta de Galicia o seu rexeitamento á posibilidade de que sexan concedidas as Autorizacións Ambientais Integradas a ENCE e ELNOSA, co que se favorecería a permanencia do complexo. panfleto_AAIs_MANI.21.10.11

Artigo de Samir Amin sobre a “primavera árabe”

Samir Amin, quen clausurou a pasada SGF, agasállanos cun artigo onde fai unha análise dos acontecementos que se están a vivir no mundo árabe. Aquí podedes ler ou descargar o artigo traducido ao galego e maila súa versión orixinal no idioma francés. 2011: a primavera árabe? SAMIR AMIN O ano 2011 comezou cunha serie de […]

A Aula Castelao de Filosofía apoia a marcha contra Celulosas

A Aula Castelao de Filosofía quere facer público o seu apoio á convocatoria da marcha contra Celulosas, o vindeiro 11 de xuño en Pontevedra á 19:30 horas, que a APDR (Asociación Pola Defensa da Ría) fai este ano cos lemas: HOXE MÁIS QUE NUNCA, CELULOSAS-ELNOSA FÓRA DA RÍA e CONTRA AS RENOVACIÓNS DAS AUTORIZACIÓNS AMBIENTAIS INTEGRADAS PARA […]

Conclusións da XXVIII SGF: Filosofía e mentira

Mercedes Moreno Sande, membra da Aula Castelao de Filosofía, presentou a conclusións da XXVIII SGF, Filosofía e mentira: O mundo está cambiando. A brutalidade capitalista está mostrando sen veos a súa faciana non dun xeito remoto, en lugares lonxanos. Aquí mesmo, en Galiza, empezamos a comprender que o noso soño de prosperidade, liberdade e progreso […]

Apertura da XXVIII SGF: Filosofía e mentira

Carlos Calviño, coordinador da Aula Castelao de Filosofía, presentou a XXVIII SGF, Filosofía e mentira: A verdade é máis nefasta que a ignorancia, posto que inutiliza as forzas propias da ilustración e do coñecemento. Abrimos con Nietzsche, e na súa xenealoxía conceptual deterase Miguel Morey. Amosaremos, de seguido, a nosa preocupación sobre a mentira nos […]