Presentación da XL Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Tempo

A Aula Castelao fai 40 anos abordando o tempo dende diferentes
perspectivas que inclúen a nosa contemporaneidade, a distribución do
tempo no capitalismo ou as doenzas mentais como producto da
aceleración do tempo que padecemos na actualidade
 A profesora de Filosofía na Universidade Complutense de Madrid, Ana
Carrasco con ‘As sete maneiras de medir o tempo en Tucídides’ fará unha
achega filosófica
 Alicia Puleo centrará a súa intervención no ecofeminismo
 Yolanda Castaño achegará a súa concepción e percepción do tempo dende a
arte co seu relatorio ‘Unha arte temporal extraída dunha mina temporal’
 O científico Xurxo Mariño, a feminista Ana de Miguel Álvarez e o profesor
Carlos Callón estarán tamén entre os 15 relatores/as que achegarán as súas
miradas do 1 ao 5 de abril no Teatro Principal

Pontevedra, 5 de marzo de 2023.- A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá
o cartel e a programación completa da que será a XL edición da Semana Galega
de Filosofía, ‘Filosofía e Tempo”. No acto ao que asistiron o presidente, Alexandre
Cendón, e as integrantes Eva Mouriño, Ana Area e Anxo Pazó, ademais de desglosar
o programa – que seguirá a estrutura habitual de mañá, tarde e noite – Cendón
argumentou a escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.
“Hoxe estamos aquí para presentar a 40 Semana Galega de Filosofía ‘Filosofía e
Tempo’ é unha semana moi especial para nós por ser a número 40. Xa son moitas as
semanas que levamos organizadas en Pontevedra, eliximos esta epígrafe
precisamente para facer fincapé neste aspecto do 40 aniversario da celebración da
Semana. É un feito moi importante a salientar, polo queremos agradecer a toda a xente que
ten colaborado en todo este tempo, ás persoas que asistiron ao longo destes anos, ás
institucións colaboradoras, etc. Sobre a lámina de Castelao que ilustra o cartel e o
tríptico como vén sendo habitual, fai referencia ao paso do tempo. Vemos unha persoa
maior nunha xanela que di: tamén non meu tempo houbo cousas grandes que non
serviron para nada” unha referencia que fai Castelao sempre con ese enfoque crítico e
ácedo sobre a realidade e a súa contemporaneidade. E precisamente iso é o que
queremos poñer sobre a palestra, a nosa contemporaneidade. O tempo é unha cuestión que
vén de antigo e que preocupou ao longo da historia da Filosofía. Xa Platón e Aristóteles falaron do tempo, puxeron o tempo en relación co movemento, o cambio. O cambio é a nosa vida: un fuxir do pasado e ir cara o futuro. Esa cuestión do cambio e o movemento tamén vén de antigo e preocupou aos primeiros filósofos como Heráclito, Parménides, etc. e dende antigo xurdiou tamén a cuestión de se o tempo é unha intuición ou é un concepto. Unha cuestión herdada durante toda a historia da Filosofía
e por iso nos levou a elixir esta epígrafe para o 40 aniversario da Semana.

Evidentemente falaremos doutras cuestións sobre o tempo, do tempo que nos tocou vivir, da nosa contemporaneidade e as relativas á historia, o tempo concreto que estamos vivindo e as súas problemáticas como a crise ecolóxica, a cuestión de como distribuímos o tempo nos tempos do capitalismo. Como o traballo e a produtividade ocupan a centralidade nesta repartición do tempo. Falaremos de como se pode considerar e pensar Galiza no tempo e se é posíbel pensar Galiza no futuro. Se Galiza ten futuro como entidade, como identidade. Falaremos de outras cuestións como a
acelaración do tempo á que nos vemos sometidos todos e todas na actualidade e que é unha das causas das doenzas mentais.

Ana Area, integrante da Aula Castelao presentou as mañás que “como é habitual
teñen máis carga filosófica”: Fina Birulés profesora na Universidade de Barcelona e autora de diversos ensaios será a encargada da sesión inaugural, traballa sobre teorías feministas e o pensamento
filosófico feminino na primeira metade do século XX facendo fincapé en Hannah Arendt. A partir dela estabelecerá unha relación entre o presente e o futuro tratando de facer fincapé nesa ruptura irreversíbel, facendo insitencia na memoria e a cristalización como vías para entender unha nova relación co pasado. O martes, a mañá correrá a cargo de Ana Carrasco, profesora da Complutense de
Madrid. O seu foco central de traballo ten como núcleo o indecíbel, o irrepresentábel. Investiga o mal, a catástrofe, a guerra, o terror. A palabra tempo segundo ela é un concepto e se os conceptos teñen historia, ela pregúntase cal é a historia do tempo. Analiza ese concepto a través da poesía de Tucídides tentando atopar sete formas diferentes de medilo. O terceiro dos días Ana de Miguel, profesora titular na Universidade Rey Juan Carlos. Tempo das mulleres, tempo de feminismo. Para ela, nin sequera sabemos canto remata ese tempo. Ese tempo co que contamos as mulleres. Falará da incerteza, xa que a única certeza que temos é que imos morrer pero non sabemos cando, polo que pensaremos sobre muller e feminismo agora que, segundo ela, aínda temos tempo. O xoves da man de Isabel Balza ‘Algúns tempos de Zambrano: graza e melancolía’ presentará os trazos fundamentais do proxecto de ontoloxía temporal de María Zambrano, interpretando a melancolía como un fenoméno de continuidade temporal. Na derradeira xornada, Francisco Conde Soto, profesor da facultade de Filosofía da USC falará ‘Da redención do pasado ao presentismo sen futuro: a temporalidade no
mesianismo de Benjamin e no capitalismo hipermoderno’.

O membro da Aula, Anxo Raxó, profesor de Lingua Galega e Portugúes foi o
encargado de debullar o pograma de tarde, “centrado en Galiza, na nosa cultura e
antropoloxía. O luns será Manuel Cabada quen abrirá a tarde con ‘Entre o pasado, o
presente e o porvir. A Galiza e o tempo’ centrado nas figuras de Martín Sarmiento e
Castelao e na obra de Marx e aludirá unha serie de feitos históricos de tempos
presentes, pasados e vindeiros cos que se pretende iluminar o noso presente e o noso
futuro, o de Galiza.
O martes o investigador da historia de Galiza, da historia medieval da
nosa terra, Anselmo López Carreira, traballará con ‘Tempo, historia nación’ no
desenvolvemento da sociabilidade humana no tempo que configura a nación.
O mércores será a Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño con ‘ Unha
arte temporal extraída dunha mina temporal’ reflexiona sobre a necesidade da poesía
que precisa tempo. Tempo para o procesamento dunha emoción logo de vivila, o tempo
en que transcorre a lectura ou a escoita, ou o tempo que o lector ou lectora precisa
para abordala dende a interpretación crítica e refexiva. Penso que Yolanda Castaño non
precisa presentación, gañadora de numerosos galardóns, dinamizadora cultural e
precursora de diferentes iniciativas como Ponte Poética en Pontevedra ou Poetas
Inversos na Coruña.
O xoves contaremos coa profesora María Leyra e o seu relatorio “O tempo dos
vencidos e das vencidas” centrado nas figuras e o pensamento de María Zambrano e
Rafael Dieste.
Pechará as tardes da Semana o profesor, Carlos Callón presidente da Mesa pola
Normalización Lingüística entre 2002 e 2014. Profesor de Xeografía e Historia no
Instituto Español de Lisboa. O seu discurso ‘O Galego e o tempo do inconsciente’ que
como moita da súa obra coma O libro negro da Lingua Galega (Premio da crítica Galicia de Investigación no ano 2022) céntrase nos delitos lingüísticos, como moitos
deles se reflicten na minorización das linguas en concreto da nosa lingua e das
consecuencias que isto supón”.

A integrante de Aula Castelao Eva Mouriño foi a encargada de pechar a rolda dando
conta dos relatores encargados das sesións de noite para “seguir afondando na
vivencia da temporalidade, na construción social do tempo e os mecanismos e
dinámicas que nos afectan en canto suxeitos situados nesa dimensión, contaremos en
primeiro lugar, o luns con Xurxo Mariño, biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas, gran
divulgador científico, que nos axudará a pensar a percepción do tempo e a conexión
deste con elementos emocionais, sensoriais, lingüísticos así como a conexión desta
percepción con elementos biolóxicos, o que pode abrir un debate ente determinismo e
liberdade.
O martes Alicia Puleo, Catedrática de Filosofía Moral e Política na Universidade de
Valladolid para formular os desafíos que se abren dende unha perspectiva
ecofeminisma que entende o tempo e a realidade a partir dese outro paradigma que
prioriza o tempo dos coidados e da solidaridade e na procura da xustiza e a humanidade
reconciliada coa naturaza, se tematiza o tempo doutra forma.
O mércores Cristina García Sanz, profesora de Socioloxía na Universidade Autónoma
de Madrid insistirá na análise do tempo vivido, do propio e do tempo compartido
desde unha análise da multidimensionalidade do tempo social polo que se deterá nas
dimensións que operan no tempo laboral, o tempo doméstico, de lecer, etc.
O xoves contaremos co filósofo italiano Franco Berardi autor de numerosos libros
como Despois do futuro e A fábrica da infelicidade con el preguntarémonos pola
vivencia do tempo. Como este se constrúe nas sociedades capitalistas e formula
como acumulación de materia, riqueza, capital que propón este sistema económico
semella unha loita contrarreloxo contra a morte, que quere esquecer a finitude humana
e acadar a eternidade. O capitalismo converte a vida nunha carreira mortificada. Como
a vivencia do tempo e o tempo mesmo se converte nun concepto clave de análise
social e política.

Finalizaremos a Semana co profesor Arturo Leyte, Catedrático de Filosofía.
Investigador da Academia de Ciencias de Baviera que achegará o seu relatorio ‘O
espírito e o tempo’ para a lección de clausura”
Departamento prensa e comunicación – Ana Buela 659748631

A UVigo renova a súa colaboración coa Semana Galega de Filosofía

Co concepto de tempo como núcleo temático, a Semana Galega de Filosofía celebrará do 1 ao 5 de abril os seus 40 anos de traxectoria, e farao contando novamente coa colaboración da Universidade de Vigo. Con ese obxectivo, este venres tivo lugar a sinatura do anexo ao acordo marco que a institución académica mantén desde 1996 coa Aula Castelao de Filosofía, que por segundo ano consecutivo participará na organización das Xornadas de Pensamento e Creación, no marco das actividades da Semana da Creatividade.

“Un dos nosos obxectivos é achegar o coñecemento á sociedade e iso é algo que conseguimos a través da colaboración con asociacións como a Aula Castelao”, salientou a vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón, tras a sinatura deste acordo, xunto ao coordinador desta entidade, Alexandre Cendón. A vicerreitora lembrou que a Semana Galega de Filosofía é un evento aberto ao público, que contribúe “a transferencia do coñecemento”, e no que se insiren un conxunto de “conferencias divulgativas, que poden ser de interese tanto para o alumnado e o profesorado como para a poboación en xeral”.

Eses mesmos obxectivos, lembrou Lantarón, están tamén presentes nas Xornadas de Pensamento e Creación, que o pasado contaron por primeira vez coa participación da Aula Castelao na súa organización, no marco das actividades da Semana da Creatividade, que a Vicerreitoría promove no marco do seu proxecto de especialización como Campus Crea. Estas xornadas, que no mes de abril celebrarán a súa cuarta edición, englobaron conferencias e actuacións musicais e “despois do éxito do ano pasado, este seguiremos na mesma liña”, engadiu Lantarón, que lembrou que se trata dunha actividade que contribúe tamén a “ese obxectivo de achegarnos á sociedade”.

Filosofía e tempo

“Para nós é moi importante manter esta colaboración coa Universidade de Vigo, porque queremos achegarnos a todo o público, tamén ao universitario, ao estudantado e o profesorado”, subliñou Cendón tras a sinatura deste acordo. Baixo o título de Filosofía e tempo, a LX Semana Galega de Filosofía desenvolverase entre o 1 e o 5 de abril no Teatro Principal, pondo o foco, a raíz da conmemoración do 40 aniversario, nun “concepto fundamental, como é o tempo”.

Nese senso, tanto o presente e o futuro, como o propio final do tempo que supón a morte, formarán parte dos contidos dunha semana que, como sinalou Cendón, ten como propósito “achegar á filosofía á rúa”. O programa desta edición, que abrangue tanto sesións matinais, como outras de tarde, centradas en Galicia, e de noite, será presentado a vindeira semana por parte das e dos integrantes da Aula Castelao na Casa das Campás. Entre outros, o evento contará neste 2024 coa participación da filosofa catalá Fina Birulés, encargada da sesión de apertura, co filósofo italiano Franco Bifo Berardi e co que fora catedrático de Filosofía na Universidade de Vigo Arturo Leyte, responsable da conferencia de clausura.

Recepción no Concello de Pontevedra

XL Semana Galega de Filosofía foi presentada esta terza feira en Pontevedra como unha das citas culturais máis lonxevas e máis relevantes dentro do circuíto intelectual galego. Neste ano 2024, o ciclo de conferencias organizado pola Aula Castelao alcanza unha nova edición logo de catro décadas reflexionando, xerando pensamento crítico e levando até a cidade do Lérez algúns dos nomes máis relevantes dentro da filosofía contemporánea. Será do 1 ao 5 de abril.

Relatoras internacionais

“Só podemos sentir ledicia e orgullo de que Pontevedra siga a ser a casa da Semana Galega da Filosofía e de que a Aula Castelao continúe a ser a súa organizadora”, explicou Lores. “Coido que é un evento único, cunha traxectoria especial, na que conta con relatores de todos os niveis até chegar ao internacional”, engadiu.

Esta edición terá como temática principal o tempo, tal e como indicou Cendón. “Sempre temos unha acollida moi amábel e masiva, xa que as conferencias organizadas nesta Semana Galega da Filosofía son realmente moi seguidas, chegando a xente tanto de Pontevedra como de fóra”, indicou o presidente da Aula Castelao.

Cendón adiantou só “un petisco” do programa, que volverá ter sesións de mañá, tarde e noite, con distintas relatoras e relatores. A apertura correrá a cargo da filósofa catalá Fina Birulés, mentres que Arturo Leyte será o encargado da clausura. Tamén estará presente o filósofo italiano Franco Berardi, Bifo.

Santiago Auserón pechou a XXXIX Semana Galega de Filosofía

Santiago Auserón Marruedo (Zaragoza, 1954) estudou Filosofía na Universidade Complutense de Madrid (1972-1977) e na Université de Vincennes, París VIII (1977-1978), baixo a dirección de Gilles Deleuze. No ano 2015 foi nomeado Doutor en pola Facultade de Filosofía da UCM defendendo a súa tese Música en los fundamentos del logos. Así mesmo, foi cantante e compositor do recoñecido grupo musical Radio Futura (1980-1992), e dende 1984 investiga as raíces do son cubano. Por exemplo, o seu proxecto Juan Perro caracterízase por un eclecticismo que funde o son cubano, a música africana, o jazz e o blues, e outros.

A partir da súa tese de doutoramento, Música en los fundamentos del logos, e da súa posterior reelaboración para ser publicada en libro: Arte sonora. En las fuentes del pensamiento heleno (Anagrama, 2022), Auserón presentou unha síntese de ideas xerais acerca de ditos traballos. Partindo dunha descrición da orixe sagrada da mousiké tékhne na Grecia arcaica e do seu influxo na evolución do logos dende o período arcaico ao período clásico, abordou o significado das dualidades entre imaxe e son, entre son verbal e son musical -tal como se expoñen dende os poemas homéricos en adiante-, así como o xiro que se produce na tradición coa expansión do uso da escritura.

O proceso polo que os filósofos sublimaban a harmonía, o modo en que a teoría musical renova a relación coa tradición e a posibilidade de soster que é o ritmo -aínda relegado ao marco da prosodia e o metro do verso-, proporcionou aos gregos antigos un primeiro modelo de abstracción. Esta análise permite unha reinterpretación crítica das orixes do pensamento occidental e sitúanos ante a necesidade de cuestionar as súas posibilidades de transformación.

Presentación da XXXIX Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Arte

A Aula Castelao de Filosofía achega na súa XXXIX Semana Galega de Filosofía a arte como medio de expresión do pensamento.

 O evento, contará co catedrático de filosofía Francisco Jarauta para o relatorio de apertura “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”
 A clausurá estará a cargo do músico e Doutor en Filosofía Santiago Auserón
 Patricia Mayayo, Fermín Muguruza, Sabela Hermida ou o pontevedrés Germán Labrador estarán tamén entre as 15 relatoras que achegarán as súas miradas do 10 ao 14 de abril no Teatro Principal de Pontevedra.

10 de marzo de 2023.- A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá o cartel e a programación completa da que será a XXXIX edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e Arte”. No acto ao que asistiron o presidente, Alexandre Cendón, a secretaria Eva Mouriño e Paula Fernández, ademais de desglosar o programa – que seguirá a estructura habitual de mañá, tarde e noite – deuse a coñecer o por que da escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.
Tal e como comentou Cendón sobre a lámina, “Como xa é habitual dende hai moitos anos, o cartel da XXXIX Semana Galega de Filosofía fíxose cunha ilustración de Daniel Rodríguez Castelao. Desta volta escollemos esta imaxe dos músicos porque dalgún xeito representa a liberdade do feito artístico, algo fundamental na concepción da arte na Modernidade e no noso mundo contemporáneo, que ás veces funciona como refuxio expresivo do que non se pode dicir mediante a palabra”.

A elección do tema, Filosofía e Arte, débese ao “interese que nos brinda a arte como dimensión definitoria do ser humano xunto coa linguaxe e o pensamento: é unha actividade simbólica que nos acompaña dende o limiar dos tempos, en paralelo ao pensamento e a linguaxe, as outras expresións simbólicas coas que representamos o mundo e a realidade. Deste xeito a arte ábrenos a unha experiencia estética diferente onde cobra importancia unha senlleira interpretación e representación do mundo humano nos seus diferentes ámbitos: social, persoal, político, cultural, natural… Neste
sentido, interésanos ollar a arte como un medio de expresión do pensamento, mais tamén doutros contidos alén do mesmo como son as emocións e o irracional. A súa eficacia como vehículo de comunicación ás veces mellora a propia palabra. Por iso tamén queremos reflexionar sobre o papel ou a función que ten a arte na nosa sociedade, ora como produtora de ideoloxías, ora como medio de análise e denuncia, ao mesmo tempo que nos preguntamos pola mesma función da artista. Non quixemos abordar o tema soamente dende o punto de vista teórico da filosofía da arte, senón que tamén quixemos dar a palabra ás propias artistas para que nos falen da súa actividade creativa e da súa produción artística a partir das súas vivencias individuais e colectivas”

Trala introducción pasaron a debullar o programa, encargándose Alexandre Cendón dos relatorios de mañá, Eva Mouriño das tardes e pechando Paula Fernández cos da noite, xa que o evento manterá a estrutura de palestras ás 10h. da mañá, con maior carga teórica e contido filosófico, nas tardes a partir das 17h. con temática centrada no ámbito de Galicia e sesións de noite ás 20h. cun contido máis xeral, con menor carga filosófica

Mañás: ‘Pensar a arte’ de 10:30 a 13:30
Alexandre Cendón, avanzou que as primeira das mañás, o luns 10 de abril correrá a cargo de Francisco Jarauta, catedrático de Filosofía da Universidade de Murcia co relatorio “Certamente é estraño que a Terra xa non sexa habitábel!”.
O martes 11 será a quenda de Miguel Anxo Rodríguez, Doutor en Historia da Arte, USC con “Os vellos monumentos a outros ollos”
Chegaremos a metada da semana con Patricia Mayayo, Doutora en Historia da Arte, UAM para falar de “Ecofeminismos, ecoloxías queer e transhumanismos: diálogos entre as prácticas artísticas e a ecoloxía”
O catedrático de Estética e Teoría das Artes da Universidade de Málaga, Luis Puelles achegará o seu relatorio sobre “O público e os espectadores. Tensións na xénese do suxeito moderno” e na última das mañás, Andrea Soto, Doutora en Filosofía, profesora de estética e teoría da arte, UAB , falará da “A forza formadora das imaxes”

Tardes: ‘Galiza e a arte’ de 17 a 19:30h
As tardes, asociadas a Galiza botarán a andar o luns da man de María Novas, arquitecta e doutoranda en Historia e Teoría da Arquitectura na Universidade de Sevilla co seu relatorio a “Arquitectura e xénero: sobre a xerarquía de valores na produción de espazos para a vida”
O martes será a quenda de Iria Ribadomar, debuxante, pintora, ilustradora e deseñadora que falará de “Filosofía, arte e rúa. Ferramentas de transformación social ao servizo de quen?”

Outra muller, Sabela Hermida, actriz e Doutora en Artes Escénicas será a encargada o mércores de achegar a súa charla “O existencialismo na vida e na creación artística de María Casares”.
A arte da poesía terá cabida xoves 13 da man da poeta Chus Pato con “Un poema
pénsase con versos finais”.
Pechará as tardes da semana Germán Labrador, director de Actividades Públicas do Museo Reina Sofía para falar de “Estética e historia. Sobre os imaxinarios políticos da arte na Galicia do século”

Noites: ‘Perspectivas da arte” de 20 a 22h.
O artista visual, Francesc Torres abrirá as sesión de noite da Semana con “CONTRA NATURA. Cando a Historia devén contido artístico ou a imposibilidade (case) de explicar sen decorar”.

Continuarán o martes con Remedios Zafra, ensaísta, profesora e investigadora no Instituto de Filosofía do CSIC e o seu relatorio “A humanidade lida polas máquinas”.

O músico e cineasta Fermin Muguruza chegará o mércores ao Principal para contarnos que “Hai algo aquí que vai mal”.

A fotografía estará presente da man do historiados da fotografía e ensaísta, Vítor Vaqueiro con “Fotografía, contemporaneidade e pensamento”
O músico e Doutor e Filosofía Santiago Auserón será o encargado de clausurar as sesións de noite- e polo tanto a Semana – coa “Lección de clausura: A música na Grecia Antiga e a orixe da Filosofía” o venres 14.

A XXXIX Semana Galega de Filosofía está organizada pola Aula Castelao de Filosofía
que conta co patrocinio do Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra – Casa das Campás, a Deputación de
Pontevedra e a Xunta de Galicia e a colaboración do IES Valle-Inclán de Pontevedra.

A Universidade reforza a súa colaboración coa Semana Galega de Filosofía

Un ano máis, a Universidade de Vigo colaborará coa Semana Galega de Filosofía, que baixo o título de Filosofía e arte, desenvolverase do 10 ao 14 de abril no Teatro Principal de Pontevedra. A sede da Vicerreitoría do campus acolleu este venres o acto de sinatura do anexo ao acordo marco que a institución académica mantén desde 1996 coa Aula Castelao de Filosofía, no que se define a colaboración da UVigo coa 39 edición destas xornadas. A maiores, a Aula Castelao sumarase por primeira vez neste 2023 ás actividades da Semana da Creatividade, que o campus desenvolverá a finais do mes de abril.

“A Aula Castelao colaborará con nós na Semana da Creatividade, axudándonos na organización dalgunha actividade”, adiantou neste acto a vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, que explicou que desde a Vicerreitoría atópanse xa traballando na definición dun programa “que cremos que vai ser especial e vai dar moita visibilidade ao campus, tanto a nivel institucional como social”. Nese senso, Lantarón puxo o foco no “positivo” de renovar a colaboración cunha entidade como a Aula Castelao, “que polo seu percorrido e contactos pode enriquecer moito a programación e a organización das actividades que poidamos desenvolver”, nas xornadas que promoverá no mes de abril o Campus Crea.

Ao mesmo tempo, a vicerreitora incidiu tamén no positivo do apoio a un evento como a Semana Galega de Filosofía, que ademais centrará esta edición “nunha temática directamente vinculada co campus”, como é a arte. Nesa mesma liña, o coordinador da Aula Castelao, Alexandre Cendón, destacou que “para nós é moi importante que unha institución educativa como a Universidade de Vigo colabore con nós, tanto a nivel económico como de infraestruturas”. Nun encontro no que estivo acompañado polo vicecoordinador da aula, Xoán Carlos Garrido, Cendón lembrou que a UVigo “leva colaborando case 30 anos” coa Semana Galega de Filosofía, que tamén conta co apoio do Concello de Pontevedra e da Consellería de Educación, o que “é un xeito de amosar que podemos facer cousas entre todos”.

Filosofía e arte

Con sesións de mañá, tarde e noite, o Teatro Principal será o escenario, do 10 ao 14 de abril, desta 39 edición da Semana Galega de Filosofía, que terá na arte o seu núcleo temático. “Sempre foi unha teima que tivemos aí, porque a arte é tamén un espazo interesante no que centrarnos e sobre o que reflexionar”, sinalou Cendón, que explica que con esta elección buscaron tamén “un xiro” con respecto “ás temáticas anteriores”, tendo en conta ademais “que en Pontevedra está tamén a Facultade de Belas Artes, que é algo senlleiro”.

A programación desta edición, “coa que comezamos xa a celebración dos 40 anos da Aula Castelao”, presentarase o vindeiro venres 10. Entre os conferenciantes, como adiantaron esta semana, atopánse tanto o catedrático da Universidad de Murcia Francisco Jarauta, como a escritora e científica do CSIC Remedios Zafra. Ademais dos relatorios que terán lugar no Teatro Principal, o acordo asinado estes venres contempla tamén, ao igual que en anteriores edicións, a posibilidade de organizar actividades como conferencias que poidan levar ao campus a algúns dos relatores e relatoras participantes.

Recepción no Concello de Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, recibiron á Aula Castelao de Filosofía esta mañá co gallo de coñecer o programa da XXXIX Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Arte. Como en anos anteriores, este congreso internacional contará coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.

Esta nova edición celebrarase entre o 10 e o 14 de abril de 2023 na cidade de Pontevedra. A sede da Semana Galega de Filosofía será o Teatro Principal de Pontevedra, da segunda feira á sexta feira, en sesións de mañá (10:30 h.), tarde (17:00 h.) e noite (20:00 h.).

Bouchraya Hammoudi Bayoun, representante da Fronte Polisaria, clausura a XXXVI Semana de Filosofía, adicada ás fronteiras

15 relatores/as entre os/as que cabe destacar as figuras de Saskia Sasse, Jonh Holloway, Boaventura de Sousa, etc. compartiron os seus coñecementos ao longo de 5 días co debate e a crítica como protagonistas.

Pontevedra, 25 de abril de 2019.- LMontse Bragado Trigo, membro da Aula Castelao, foi a encargada das conclusións desta sexta Semana Galega de Filosofía na que “procurabamos abrir liñas de pensamento e acción. Na reflexión sobre a fronteira viamos un punto de partida para atoparmos alternativas á realidade, opcións diferentes ás dun mundo que permite que polas súas fronteiras circule a barbarie e o capital, e que ao mesmo tempo coloca fóra das súas marxes grupos de oprimidos completamente despoxados de dereitos. Pretendiamos, en sintonía con Walter Benjamin, reivindicar unha análise das fronteiras non dende o punto de vista dos vencedores, senón dende a empatía cos vencidos polo poder. Pero dicía Foucault que “onde hai poder, hai resistencia”. Centrémonos pois nas resistencias. Centrémonos tamén nas vías de mudanza, de transformación.

Deste xeito, cales son entón esas liñas liberadoras que coidamos ter aberto ao longo desta intensa semana? Concretamente, tres.

A primeira liña é a de denuncia da realidade. Así, diciamos, as nosas fronteiras están ao servizo dos intereses do sistema económico capitalista, un sistema que só busca a acumulación infinita e ignora a dignidade humana. Na actualidade asistimos a unha transformación do capitalismo que afecta a xestión dos inmigrantes. Saskia Sassen explicóunola o luns pola mañá. Advertiunos dunha mudanza importante na lóxica do mercado global que pasou de precisar moitos traballadores consumidores, a incentivar a expulsión masiva de persoas de territorios concretos. Nesta lóxica de exclusión, ao aparello económico-político sóbralle xente. Multitude de casos internacionais son mostra disto, como é o caso dos refuxiados, ou a poboación desprazada pola compra de millóns de hectáreas de territorio no Sur global.

A este respecto, atopamos un discurso xenófobo que dende a política está xustificando a acción que sobre as fronteiras se está a realizar e que provoca unha chea de situacións de inxustiza. Enumeramos só algunhas destas situacións: a criminalización dos inmigrantes e tamén da axuda aos inmigrantes; a débeda dos países máis pobres; as políticas anti-inmigración materializadas, entre

outras cousas, con muros e valados en todos os continentes do mundo; a opresión e violencia fronte ao dereito de autodeterminación dos pobos; a situación dos que escapan da guerra, da morte e da fame e son convertidos en “sen papeis” e á vez en persoas sen dereitos.

Este discurso xenófobo tamén invade os medios de comunicación de masas. Ángeles Díez lembrounos que estes medios están a construír discursos tóxicos, pequenos velenos que se van sedimentando na mente das persoas. E a xente reproduce o que escoita, enunciados en que se normaliza a desigualdade, en que se banaliza o horror. Os medios buscan reducir resistencias. Son, deste modo, a forma mediante a cal o poder se expresa e consegue reproducirse.

É hora xa de nos liberarmos desta maquinaria de apropiación das nosas conciencias. É hora xa de que os medios de comunicación de masas deixen de colonizar a intelixencia das persoas.

Cales son as vías de fuga desta realidade? De onde podemos partir para mellorarmos a situación de inxustiza que asedia o mundo e que se materializa nas nosas fronteiras? Nestas cuestións atopamos a segunda liña proposta durante esta Semana, a de apertura á acción, ás posibilidades de mellora social. A este respecto, remarcouse a necesidade urxente de mudar o estado de cousas. Remarcouse tamén que non existe ningunha razón para pensar que non hai alternativas á realidade. Reivindicouse, en moitas ocasións, a rebeldía contra a idea fatalista de pensar que non é posible transformar o mundo, a rebeldía contra aquel famoso slogan político que sinalaba que non hai alternativas.

O xoves pola mañá, Joan Nogué afirmaba que o primeiro paso está en mudar as nosas miradas a respecto das fronteiras. As fronteiras non son só espazos xeográficos; son tamén espazos existenciais. O primeiro paso está en entender as fronteiras como lugares híbridos, que teñen moito que ensinarnos. Defendía que nestas franxas, nestes limiares reside a posibilidade de crear novos proxectos. As fronteiras son os lugares que unen as diferenzas. Busquemos, polo tanto, a resistencia desde esta óptica.

Nisto mesmo, incidiu o profesor Boaventura de Sousa Santos, quen atopa nas resistencias, nas loitas sociais dos grupos golpeados a diario polo capitalismo, o colonialismo e o patriarcado, a oportunidade, o punto de partida, para orixinar a mudanza social que abrirá as portas a un mundo máis xusto. É nesas resistencias

onde debemos extraer a aprendizaxe para actuarmos. Pois, como dixo John Holloway, “é urxente reinventar o concepto de revolución, porque o futuro nos está a perseguir”.

Porén, para a mudanza, para a modificación é preciso o compromiso; e este constitúe a terceira liña que quixemos desenvolver. Compromiso é traballar para dar voz aos oprimidos. Ao longo desta semana puidemos coñecer moitos exemplos de loita contra a invisibilización e xordeira respecto dos oprimidos. Alberto Cruz mostrounos a importancia do feminismo africano, ignorado por occidente. Ángeles Ramírez expúxonos con moita luz o feito de que as mulleres emigrantes sexan especialmente vulnerables á violencia física e sexual.

Compromiso é non silenciar estes abusos. Compromiso é visibilizar a plutocracia que está a gobernar o mundo, un mundo en que o bloque de EEUU e a UE está perdendo a hexemonía e, para evitalo, realiza ataques brutais e induce guerras, só para acumular máis riqueza, apropiándose de recursos enerxéticos e materias primas.

Hoxe, xa no final desta trixésimo sexta Semana Galega de Filosofía, queremos clausurala manifestando a nosa solidariedade con todos os pobos asediados polo vampiro do capital, por un vampiro externo a eles que lles chupa o sangue e a dignidade, arrebatándolles a súa propia soberanía”

Bragado pechou a súa intervención agradecendo en nome da Aula Castelao “ás institucións que nos axudan económicamente, porque sen este apoio o noso proxecto non podería levarse a cabo. En segundo lugar, queremos transmitir un agradecemento moi especial ao público, porque sen vós a Semana Galega de Filosofía non tería sentido. Porque é grazas a vós que existe este espazo. Espazo no que xuntos pensamos sobre o presente actual para procurar un futuro mellor. Porque como di Paula Godiño, “o futuro é para sempre”.

Pechou a Semana o representante da Fronte Polisaria, Bouchraya Hammoudi Bayoun que logo de poñer en antecedentes sobre a situación actual entre Sahara, Marrocos e Mauritania e apunta que se “España foi parte do problema – ao retirarse en 1976 do Sahara logo do acordo asinado durante o mandato de Franco – e debe ser parte da solución. O pobo saharauis ten dereito a decicir sobre a súa situación”. Tamén sinalou a constante chantaxe que Marrocos exerce sobre España

Rematou agradecendo o movemento solidario español e ao galego en particular: “Moitos gobernos non conseguiron facer máis dano ao pobo saharagui grazas a el”

A XXXVI Semana Galega de ‘Filosofía e fronteira’ bota a andar da man da socióloga e catedrática Saskia Sassen: ‘O cidadán, e non só inmigrante, perdeu parte do respecto que lle debían o Estado e institucións’

Nos próximos días, o Teatro Principal de Pontevedra acollerá outros relatores/as de renome tales como Boaventura de Sousa, John Holloway, Buchraya hamudi ou Jose Solana Dueso.

Pontevedra, 22 de abril de 2019.- A XXXV Semana de Filosofía, organizada pola Aula Castelao, botou a andar esta mañá no Teatro Principal de Pontevedra nun acto inaugural presidido polo alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores no que, ademais da presidenta da Aula, Ana Regueira, interviñeron Gemma Vidal, en representación do Colexio de Avogados de Pontevedra, o deputado de Cultura Xosé Leal e Jorge Soto, Vicerreitor da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra.

Na xustificación da temática que centra esta 36a Semana, ‘A fronteira’, a presidenta da Aula de Filosofía Castelao, sinalou 4 puntos claves para tentar abranguer a totalidade do concepto: 1o A desaparición das fronteira e a definición da persoa. Centraríase, este primeiro bloque, en facer unha reflexión ampla entorno ó que supoñen as fronteiras para a definición da persoa, así como de facer unha análise do que implicaría a súa desaparición. 2o As fronteiras como feito socio-económico: Neste segundo bloque, comezaríase por facer unha análise en col de como se establecen as fronteiras no sistema económico capitalista, por que estas teñen mala prensa cando se fala da circulación do capital (pois negan a apertura total dos mercados) pero non cando se impide a circulación de persoas. 3o Os Estados e as fronteiras: Trataríase de analizar, por un lado, en que presupostos se fundamentan as concepcións de soberanía dos estados-nación occidentais; como se definen: Negando ós outros? Recoñecéndoos? 4o Fronteira e Migración: A reflexión tería de continuar desvelando os principais cambios operados nas nosas sociedades debido ó fenómeno migratorio.

Logo de agradecer o respaldo ás institucións que colaboran cada ano coa Semana, aos membros/as da Aula, ao público que se achega e debate e a quen realiza o esforzo intelectual de achegar comunicacións, Ana rematou a súa intervención resumindo “a razón de ser desta Semana que hoxe lles presentamos: Por que estamos fartos da tolerancia: nela o outro, o estraño, as minorías só son soportados. Ten de ser tolerado aquelo que diverxe da norma, pero nin se cuestiona o sistema que xenera esa norma, nin se recoñece ó outro, é por elo un concepto conservador que ten de ser substituído por outro que nos permita ser, medrar e convivir. Reflexionemos e

debatamos xuntos durante estes cinco días para intentar buscar conceptos que nos permitan pensar e crear futuros máis amables e xustos que o presente”

Nas súas respectivas intervencións, Gemma sinalou á creación da Subcomisión de Extranxería en 1999 para facilitar entre outras, asistencia letrada aos inmigrantes que chegan en patera e apuntou a implicación no tema coa realización de visita ao valo de Melilla ou o CETI. Pola súa banda Xosé Leal agradeceu tamén poder colaborar neste proxecto que “fai repensar como sociedade moitos dos conceptos que nos instauran os medios masivos e fomenta o pensamento crítico, que é o que fai avanzar a sociedade”. O vicerreitor, apuntou á vinculación da Semana coa Universidade, que é coñecemento e a Semana nesta ocasión convida tamén a pensar nas fronteiras propias.

Miguel Anxo Fernández Lores, inaugurou a Semana ao remate da súa intervención na que convidaba, logo de sinalar todos os tipos de fronteiras existentes – simbólicas, reais, económicas, as esnaquizadads polas redes da información, a que impón o sistema de comercio, o Mediterráneo, Sahara ou Palestina – a “centrarnos nas fronteiras que unen, nas pontes. Nun mundo sen fendas entre as persoas, da igualdade e o amor ao diferente”.

O relatorio matinal correo a conta da Catedrática na Universidade de Columbia e membro do Comité sobre Pensamento Global (presidiuno desde 2009 a 2015), a socióloga Saskia Sassen, de orixe holandesa. Considerada unha das 100 mulleres máis relevantes no ámbito científico e a única mulller dos 10 primeiros científicos sociais, recibiu o premio Príncipe de Asturias en ciencias sociais (2013) polas súas contribucións á comprensión do fenómeno da globalización e a socioloxía urbana, foi elixida membro estranxeiro da Real Academia de Ciencias de Holanda. O goberno francés nomeouna Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras.

Condicionada de seguro pola súa experiencia vital, xa que foi emigrante sucesiva na infancia, entrando en Estados Unidos como ilegal e traballando nun primeir momento como muller da limpeza, Saskia centra as súas numerosas e exitosas publicacións, traducidas a máis de 20 linguas, na construcción dunha ética urbana, xa que “os dircursos para apuntar como se entende a cidade en termos sociolóxicos, quedaron obsoletos. Hai que pensar nas arquitecturas de participación/pertenza ao e na devaluación do cidadán que afecta a certos sectores, perdendo unha parte importante do respecto que se lle debía por parte do Estado e as institucións. Isto vén pola

globalización, a desregularización e a privatización da economía. Estás 3 medidas radicais, tiveron consecuencias.”

Saskia presenta a existencia de microelementos pertencentes á vida diaria que alteran ao suxeito formal, que é o cidadán e ante o concepto xurdido, o da ética da cidade, sinala Pontevedra como cidade case perfecta e apunta que no lle vale como exemplo para amosar a necesidade da mesma, que implica a recuperación do espazo onde, aqueles que non teñen poder, podan contar historias. Historias políticas, económicas, de guerra, como o caso de Roma por exemplo. Un espazo que sobreviviu a tantos reximenes por ser un sistema complexo pero aberto, un espazo que pode beneficiarse da desigualdade.

Sobre os elementos que transforman o cidadán, Saskia afirma que a lexislación dos dereitos civís, a democracia liberal, etc están incompletas e plantexaa outros dereitos polos que pelexar: constitucionalizar o dereito a reclamar. Tén que ser a cidadanía a que o faga, igual que o fixo nun pasado para ata conseguir que se recoñecera algo que existía pero non tiña nome: matrimonios homosexuais, cuestión de xénero, etc. Acadar novos Dereitos Humanos, nos que o noso corpo é o lugar dos dereitos.

Saskia plantexa a vantaxe que supón ser recoñecido como ilegal para a xustiza dun país: “un indocumentado é ao tempo portador da lei e da violación da mesma, aínda non está autorizado, pero si recoñecido. No momento no que existimos ante a lei, podemos combatila, soportala ou rebatila”. Para isto é preciso reinterpretar certas formalidades que antes se percibían só como negativas: “Agora existo porque a lei recoñece a miña existencia aínda que sexa como un criminal por non ser legar. Aí é onde un pode negociar, reclamar e levar a cabo prácticas de cidadanía que nos levan a outro nivel, no momento no que pasamos a formar parte do seu sistema.

A socióloga sinala varios tipos de cidadanía: A nivel efectivo podemos ter doble ou triple nacionalidade, aínda que a nivel práctico isto non sexa unha realidade. De igual xeito, existe a cidadanía informal, xa que a nivel de prácticas diairia e da vida cotiá, os ilegais constitúen tamen o noso sistema. Tamén están os autorizados, pero non recoñecidos, que contan coa condición de cidadáns pero están discriminados pola desigualdade económica, o racismo, e os inautorizado pero recoñecidos: si es membro de Unión Europea, deberías por exemplo poder lanzar unha campaña política en calquera cidade da mesma, pero non é así.

Ao fío da Zona Euro, Saskia apuntou que para chegar a el dun xeito que beneficiara a toda a poboación, tería sido precisa protección para os sectores máis débiles, localizados, de traballadores, etc. Chegouse ao Euro sen ninguna política laboral, o que só beneficiou aos ricos e fixo sufrir á clase traballadora.

Á pregunta de ¿por que temos inmigracións?, Saskia sinala que as migracións son unha fracción moi pequeña dos billóns de xente considerada pobre (e na que non inclue o caso dos refuxiados, fuxidos das guerras etc) e que “ser pobre non é abondo para explicar o movemento cara outro país xa que a maioria é demasiado pobre para migrar. Case todo o mundo que se move no caso de América, e xente que tivo conexións con países do Norte, un feito que supuxera unha ponte. A pobreza ou a falta de emprego non son suficientes para a migración, xa que esta non comeza no fogar. De ser así, teriamos billóns de migrantes. Comeza con alguna ponte que tendemos nós mesmos. E adoita estar protagonizada pola clase media”

Saskia pechou o seu relatorio apuntando á impresionante capacidade do ser humano para discriminar e producir suxeitos racializados. A sociedade simplificou a cuestión do racismo. Non é unha cuestión de brancos ou negros, la cuestión del racismo. No es de color, blanco o negro. Temos unha capacidade histórica de construír a ese suxeito racializado, xa que en Europa, na reconstución de París, os discriminados eran “iguais” que os que os discriminaban por ser Belgas, Italianos, etc. Sassen sinala que a prudencia para sobrevivir é constitutiva do ser humano a nivel protección e que isto tiña sentido nun pasado remoto pero, na actualidade, o concepto que inventamos de extranxeiro é simple racismo ou cuestión de mercado.

.

Departamento prensa e comunicación.
Ana Buela 659748631 – prensa@aulacastelao.gal

O TDAH é insustentable como categoría diagnóstica. É unha cuestión de autocontrol que se pode aprender.

  • O psicólogo Marino Pérez plantexa o adestramento en  principios de conduta como ferramenta frente á medicación
  • Que a medicación poida aliviar os síntomas, non certifica que sexa unha enfermidade.

Pontevedra, 19 de abril de 2017.-  Mercedes Moreno presentaba o relatorio da tarde como “un tema que nos preocupa moito na Aula Castelao debido ao forte vencello que temos co ensino”. Controvertido e de actualidade, o TDAH foi abordado polo psicólogo Marino Pérez no relatorio ’As catro causas do TDAH: Aristóteles na aula’.

Recorreu a Aristóteles porque a cuestión non se resolve pode resolver en termos empíricos nin científicos. É precisa facelo dende unha postura metacientífica, ontolóxica e epistemológica. Os 4 pilares que plantexa serían a causas – como principio ou orixe, o por que – material, formal, eficiente e final.

No pilar material, Marino conclúe procede de certas condutas relacionadas coa atención ou a impulsividad que poden supoñer algún tipo de problema nalgún contexto. Esas condutas das que se fai o TDAH son moi características da sociedade multitarefa na que vivimos. Se os nenos fan o que ven, a ninguén a ninguén lle tería que sorprender a frecuencia do problema.

Presentase en forma de modelo biomédico: pensar en termos de diagnóstico reducindo un problema a uns poucos síntomas e establecendo a dicotomía TDAH/ non TDAH.

Non hai un único artífice – causa eficiente – pero quen finalmente establece un diagnóstico é un clínico o mellor dito, remata un diagnóstico iniciado en moitos casos pola escola, familia, etc.. O clínico cre describir unha realidade obxectiva, pero tamén , ao seu xeito, creou esa realidade.

A función – causa final- que cumpre para moitos axentes e institucións é a de harmonizar unha variedade de intereses que sirven a pais, na escola, na familia, aos políticos e como non ás fins lucrativas das farmacéuticas.

En base a isto, é preciso un replantexamento para lograr a volta a normalidade, xa que a tendencia é que se extenda ao ámbito adulto.

 

O TDAH refírese ao desarollo do autocontrol dos nenos. Apréndese, non se aprende ou aínda non o aprenderon, xa que é preciso pasar por etapas: A conduta dos nenos apréndese a través de modelos (o que fan outros), continxencias. (as consecuencias que ten ou non facer ou deixar de facer algo) regras ( o que está establecido que se debe facer ou non) e a autorregulación (pola linguaxe nun contexto ou farlar en silencio = Pensar)

Actualmente perdemos a capacidade de espera pero os nenos non a perderon, é que directamente, non a alcanzaron. Non forma parte da súa natureza, pero ante test como o da golosina (realizado a nenos/as de 4 anos), descubrimos que aqueles capaces de agardar para comela, 40 anos despois de realizada a proba, estaban a desempeñar postos de maior responsabilidade e recoñecemento que os outros.

O que debemos facer, antes de recorrer ao diagnóstico, é céntrarnos en desenvolver habilidades que igual non están tan adestradas.  Existen ferramentas que adestran aos país no uso de  xogos comúns para o fomento do autocontrol ou no manexo de principios conductuales. Mediante este sistema, que se pode empregar tamén nas aulas, os chamados problemas TDAH resólvese.

Hai estudios que amosan que o adestramento é mellor e mais eficiente que a medicación e combinar os dous (adestramento e medicación) a peor.

Pecha a xornada de hoxe Ángeles Maestro,  médica e Técnica Superior de Saúde Pública co seu relatorio ‘Capitalismo e saúde’ do que podedes atopar toda a información nas páxinas 22 e 23 do dossier.

A XXXV Semana Galega de Filosofía aposta pola comunidade e as formas de debate común para mellorar a actual sociedade individualista

  • Profesionais como Silvia Federici, Sánchez Gordillo, César Rendueles ou Daniel Raventós, daranse cita no Principal entre o 2 e o 6 de abril
  • O prazo para matricularse e obter a correspondente homologación permenecerá aberto de hoxe ao domingo anterior ao inicio da Semana.

Pontevedra, 17 de marzo de 2017.- A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá o cartel a  programación completa da que será a XXXV edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e o Común’. No acto ao que asistiron a presidenta, Ana Regueira, e como parte da Aula a profesora de Historia do Arte en ensino secundario, Diana Vilas, Ana Acuña, do Departamento de Filoloxía Galega e Latina na Facultade de Educación de Pontevedra e María Álvarez, docente de Latín en secundaria, ademais de desglosar o programa – que seguirá a estructura habitual de mañá, tarde e noite – deuse a coñecer o por que da escolla tanto do cartel coma do tema que centrará esta edición.

Tal e como comentou Ana Regueira sobre  a lámina, titulada ‘Os derradeiros cegos e xordos’ escollémola para o cartel porque “ten un significado moi especial, xa que saíu no noticiario ‘A Nosa Terra’, o noticiario das Irmandades da Fala o 10 de xullo de 1918, na que Castelao reivindicada o significado da Revolución de Outubro, que acababa de suceder. O ano pasado cumpríronse 150 anos desa revolución. Na lámina podemos ver unha multitude cunha reivindicación: ‘Terra nosa’. O mundo, a socidedade, o colectivo que quere recuperar o noso, a Terra, e frente a eso,  un cego e un xordo que non queren oir nin queren ver. Representa todo o que queremos reivindicar coa idea do colectivo: recuperemos o común, o colectivo, os lazos que nos unen frente a unha sociedade cada vez máis individualista e invivible, apostemos  por unha sociedade en positivo en que podemos recuperar todo iso.”

Respecto a temática, “este ano cumplimos 35 anos. Unha data significativa, entendemos que é difícil chegar a manter 35 edicións de calquera tipo de actividade cultural, máxime cando se trata dunha actividade de filosofía que parece que sobra feito palpable en como quedamos na última reforma educativa. Frente a eso queríamos reivindicar un pouco o espírito da fundación da Semana: Hai 35 anos os fundadores fundaron a Aula e con posterioridade a Semana, pensárona como fun foro aberto, un foro de diálogo, que servira para construir colectivo e País e no que todos puidéramos participar, dialogar e conxuntamente xerar cousas novas. Por iso precisamente chamamos a xente de múltiples especialidades, para poder dialogar con eles e aprender deles e todo o mundo pode asistir, de xeito gratuito sen que a falta de recursos sexa un impedimento para gozar dela  e por outro lado, con posterioridade un turno de debate en que todos podan dialogar cos poñentes, dar a súas opinión e rebatilas dende o respecto. En base a iso, decidimos crear unha semana en que faláramos desa idea de comunidade, colectivo e como pensar,debatir e reflexionar o común na sociedade actual, que vive un proceso de degradación, onde as cousas van a peor e tentar recuperar o debate común e as formas de comunidade que nos unen e poden proporcionar saúde e unha sociedade mellor.

Antes de rematar a súa intervención agradecendo a colaboración que leva a cabo dende hai anos a Universidade de Vigo dende 1996 como coorganizadora, Ana Regueira comentou que “para nós tamén era importante o feito non so da onomástica dos 100 anos da Revolución de 1917 senón que este ano se cumpren 200 anos do nacemento de Marx e 100 anos do de Althusser”

 

Mañás: ‘Pensar a Res Pública’ 10:30 a 13:30

Diana Vilas Meis, membro da Aula presentou as mañás destacando a “ollada de xénero que nos ofrece a historiadora, investigadora e activista feminista Silvia Federici, na súa intervención de apertura da Semana, ‘Mulleres e a reconstrucción e o común’, onde tratará as novas tendencias en reproducción social, a súa contribución á reconstrucción da relación sociais comunais e a implicación que isto ten par a loita feminista. A profesora emérita de Filosofía na Univesidade de Hofstra (Nova York) conclúe nos seus estudos que o traballo reproductivo e de coidados que fan gratis as mulleres, é a base sobre a que se sostén o capitalismo.

Entre outros relatores – e os títulos das súas intervencións, que podedes atopar no tríptico que achegamos  – a Semana contará coa historiadora Josefina Cuesta Bustillo, Catedrática da Universidade de Salamanca, que ademais da intervención ‘Memoria, historia e relato. Cuestións sobre a transmisión.’ dentro da Semana, realizará unha colaboración coa Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra, como profesora convidada.

O racismo como parte dun contexto social máis amplo, os presupostos antropolóxicos e morais que esixe a definición e a xestión do común, serán outros dos temas a debater nas mañás.

 

Tardes: ‘Os retos de Galicia como comunidade’ de 17 a 19:30h

Ana Acuña, logo de contextualizar as tardes salientando que “Un País que foi que de paralizar unha instalación de celulosa en Quiroga, unha central nuclear en Xove, unha piscifactoría en Cabo Touriñán, etc; capaz de posicionarse en contra de intereses privados e  plans gubernamentais, ten que asumir como comunidade e como sociedade civil, novos retos e deles van falarnos os cinco conferenciantes das tardes. Entre todos eles, que atoparedes no programa, cabe destacar a figura de Xosé Lois Vilar Pedreira, encargado de inaugurar as tardes con ‘Amando o Común’ e cuxa presenza supón unha homenaxe ao Instituto de Estudos Miñoranos, institución que representa o compromiso coa construcción do colectivo.

Para rematar a súa intervención, Ana Acuña englobou as tardes “baixo as seguintes palabras clave: lingüa, territorio, identidade, música e economía ecolóxica, aspectos onde o común se manifesta, periga, pero tamén transmite esperanza. Aqueles que se ocupan da historia agraria postulan que no pasado podemos atopar respostas ao futuro, compre rescatar o orgullo e o coñecemento do rural como fonte de cambio e desenvolvemento sostible. Fago e facemos memoria, para evitar o desastre”

 

Noites: ‘O Común na encrucillada; os retos da construcción do Común na época contemporánea’ de 20 a 22h.

María Álvarez,  presentou as noites nas que relatores da sona de Juan Manuel Sánchez Gordillo (Mestre, Político e Sindicalista), que pronunciou en máis dunha ocasión a frase “véncese so candose loita colectivamente, impartirá a lección de clausura “atendendo a súa extraordinaria coherencia na súa traxectoria política e social.”, tal e como comentou Maria. O Doutor en Ciencias Económicas, Daniel Raventós que no 2017 publicou o seu estudo máis recente sobre a renda básica que falará da ‘Xustiza e racionalidad da Renda Básica Incondicional’ ou César Rendueles que, a propósito da Renda Básica chegou a afirmar: “véxome capaz de defender Renda Básica  ou a nacionalización das empresas enerxéticas en casi calquera momento, incluso levando un disfraz ridículo ou borracho nunha discoteca”. Cun prestixio que non deixa de crecer grazas ás súas publicacións, este último falará de ‘Os dilemas do común: entre o emotiismo individualista, o ciberfetichismo e a tentación reaccionaria”

 

A XXXV Semana Galega de Filosofía está organizada pola Aula Castelao de Filosofía coa Universidade de Vigo, conta co patrocinio do Concello de Pontevedra e a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra- Casa das Campás, ademáis da colaboración da Deputación de Pontevedra, da Xunta de Galicia, o Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra e o Parador de Pontevedra.

 

Departamento prensa e comunicación.

Ana Buela 659748631 – prensa@aulacastelao.gal