POLÍTICA DE PRIVACIDADE

AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA (en diante, AULA CASTELAO e/ou responsábel do tratamento).

Na web, existen formularios de contacto que requiren que cumprimente os seus datos persoais nos campos estabelecidos para tal efecto.

Para a AULA CASTELAO é importante a súa privacidade. Por iso, asumimos a responsabilidade de cumprir coa lexislación vixente en materia de protección de datos e temos o obxectivo de tratar os seus datos de conformidade cos principios de transparencia, limitación da finalidade, minimización de datos, exactitude, integridade e confidencialidade.

A AULA CASTELAO resérvase a facultade de modificar a presente Política de Privacidade para adaptala ás novidades lexislativas, xurisprudenciais ou de interpretación da Axencia Española de Protección de Datos e/ou dos procedementos ou finalidades de tratamento dos seus datos. Nos devanditos supostos, a AULA CASTELAO notificaralle previamente ou anunciará os cambios realizados, indicando claramente e coa debida antelación as modificacións efectuadas, e solicitando, en caso de que sexa necesario, a súa aceptación a estes. A AULA CASTELAO non realizará nesta cambios retroactivos que reduzan os seus dereitos agás que sexa requirido legalmente.

Neste documento explicamos quen é o responsábel de tratamento, con que finalidade se vai tratar a súa información persoal, a lexitimación para o tratamento, a quen podemos comunicar a súa información persoal, como a solicitamos, os dereitos que lle asisten e os procesos que dispuxemos para protexer os seus datos.

Para tales efectos e, de conformidade co disposto en Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 (RGPD) e Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD); A AULA CASTELAO infórmalle do tratamento que realiza dos datos persoais que proporciona á AULA CASTELAO, que serán incluídos nun ficheiro do que esta entidade é responsábel e sobre o que se aplican as medidas de seguridade, técnicas e organizativas previstas na normativa vixente.

Neste sentido e, conforme ao estabelecido na lexislación vixente, a continuación detallámoslle a información sobre o tratamento que a AULA CASTELAO realiza sobre os seus datos.

QUEN É O RESPONSÁBEL DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?

AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA
Rúa Montero Ríos s/n
CIF G36033660

Pontevedra 36001

QUEN É O DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS?

O Delegado de Protección de Datos é o encargado de protexer o dereito fundamental á protección de datos e do cumprimento da normativa vixente aplicábel a esta materia na AULA CASTELAO. Pode contactar co Delegado de Protección de Datos da AULA CASTELAO no seguinte enderezo de correo electrónico: aulacastelao@gmail.com

CON QUE FINALIDADE TRATAMOS OS SEUS DATOS?

No suposto de que utilice a web para solicitar información; a AULA CASTELAO trata os datos que nos facilita coa fin de enviarlle as condicións solicitadas tendentes á subscrición do correspondente Contrato de prestación de servizos (en diante, o Contrato), así como para xestionar as consultas que nos realiza tanto telefonicamente, por correo postal, electrónico coma se utiliza a nosa web cumprindo os formularios estabelecidos para o efecto.

Unha vez subscrito o Contrato, a AULA CASTELAO tratará os seus datos para xestionar a relación contractual, prestarlle os servizos e/ou solucionar as incidencias que puidesen producirse neste. A estes efectos informámoslle que, unha vez que nos proporcione o seu correo electrónico, este será utilizado como medio principal de comunicación con Vd. en todos os asuntos derivados da xestión contractual.

En ambos os dous supostos, se o consente previamente, trataremos os seus datos para realizar accións informativas, por calquera medio incluídos os electrónicos. Para tales efectos, deberá aceptar a súa recepción, por correo postal, electrónico e mesmo por servizos móbiles, podendo revogar este consentimento en calquera momento mediante o enlace automático que se incluirá para tales efectos nas comunicacións que reciba, no seu caso ou mediante correo electrónico dirixido a aulacastelao@gmail.com. No suposto de que manifeste o seu desexo de que os seus datos non sexan tratados para a remisión de comunicacións, a AULA CASTELAO infórmalle que pode inscribirse nos sistemas de exclusión publicitaria. Para tales efectos, pode consultar a información publicada na Axencia Española de Protección de Datos en calidade de autoridade de control competente.

Por intereses lexítimos, poderemos elaborar enquisas e/ou estatísticas de uso dos nosos servizos, de eficiencia destes, etc; co fin de realizar melloras, detectar deficiencias e incidencias e desenvolvementos de ferramentas e novos servizos. Para estes efectos, poderemos elaborar un perfil de usuarios, pero non tomaremos decisións automatizadas sobre a base do devandito perfil que puidesen menoscabar os seus dereitos.

Por último, informámoslle que a AULA CASTELAO utiliza cookies na devandita web de acordo co detallado na nosa Política de Cookies.

A AULA CASTELAO rexistra direccións IP para facer un seguimento da sesión dun usuario. Isto dálle á AULA CASTELAO unha idea de que partes do noso sitio web están a ser visitadas polos usuarios. Non estabelecemos enlaces entre as direccións IP e ningún dato que permita facer unha identificación persoal dos usuarios. Isto significa que, aínda que se faga un seguimento da súa sesión, esta permanecerá totalmente no anonimato.

A AULA CASTELAO poderá enviarlle, se nalgún momento vostede consentiu e proporcionou o seu enderezo de correo electrónico, conforme á Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, información relacionada coas súas páxinas en Internet e outros servizos que considere que poidan chegar a ser do seu interese. Sempre terá a opción de darse de baixa da lista, de maneira que non recibirá máis esta clase de mensaxes.

O tratamento de datos para outras finalidades distintas ás detalladas anteriormente requirirá unha base de lexitimación ou o consentimento previo e explícito en cada caso.

CAL É A LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?

A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución do Contrato subscrito coa AULA CASTELAO ou para a aplicación baixo a súa petición de medidas precontractuais.

O tratamento dos seus datos baseados en intereses lexítimos da AULA CASTELAO realizarase, en todo caso, co máximo rigor e respecto á súa privacidade, dereitos e liberdades; sen que en ningún caso se utilicen con finalidades que menoscaben os seus dereitos neste sentido.

Así mesmo, en interese lexítimo a AULA CASTELAO tratará datos das persoas físicas que sexan necesarias ao obxecto do Contrato, tratando unicamente os datos mínimos para a súa localización profesional e só coa finalidade de manter a relación con respecto ao contrato subscrito coa persoa xurídica na que o afectado traballe e/ou preste os seus servizos.

O tratamento dos seus datos para a remisión de información a consultas que solicite, E comunicacións  por diferentes medios (incluídos medios electrónicos) estará baseado no seu consentimento.

O tratamento dos seus datos para finalidades estabelecidas no apartado anterior e que estean baseados no consentimento que se lle solicita poderá ser revogado en calquera momento, sen que en ningún caso a retirada deste consentimento condicione a execución do Contrato subscrito, se é o caso, coa AULA CASTELAO.

A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS SEUS DATOS?

Non se prevén comunicacións de datos a terceiros salvo obriga legal. As devanditas comunicacións efectuaranse, en todo caso, cumprindo todas as garantías legalmente previstas. As devanditas comunicacións de datos serán as seguintes.

No suposto de considerarse outra posibilidade de comunicación dos seus datos a terceiros, a AULA CASTELAO solicitará o seu consentimento.

Sen prexuízo do anterior, a AULA CASTELAO infórmalle que a prestación dalgúns dos seus servizos requiren do almacenamento na sé de AULA CASTELAO e ou de terceiros e acceso por esta ou por terceiros aos seus datos, comprometéndose a AULA CASTELAO a cumprir o disposto na lexislación vixente aplicábel. Para estes efectos, a AULA CASTELAO infórmalle que realizará encargos de tratamentos a terceiros, servizos xurídicos, auditorías e almacenamento tanto en servidores físicos coma na nube e prestación de servizos de sistemas con terceiras entidades coas que AULA CASTELAO teña acordos subscritos.

CALES SON OS SEUS DEREITOS CANDO NOS FACILITA OS DATOS?

Pode exercer os dereitos que lle confire a normativa vixente de protección de datos: dereito de acceso, rectificación, supresión e oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas.

  • Acceso: permite ao titular dos datos obter información sobre se a AULA CASTELAO trata datos persoais que lle concirnen ou non e, en tal caso, dereito a obter información sobre os seus datos de carácter persoal sometidos a tratamento.
  • Rectificación: permite corrixir erros e modificar os datos que resulten ser inexactos ou incompletos.
  • Supresión: permite que os datos sexan suprimidos e deixen de tratarse pola AULA CASTELAO agás que exista obriga legal de conservalos e/ou non prevalezan outros motivos lexítimos para o seu tratamento pola AULA CASTELAO conforme á normativa vixente.
  • Limitación: baixo as condicións estabelecidas legalmente, permite que o tratamento de datos se paralice, de tal maneira que se evite por parte da AULA CASTELAO o seu tratamento nun futuro, que unicamente os conservará para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
  • Oposición: permite ao titular que en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, poidan opoñerse ao tratamento dos seus datos. A AULA CASTELAO deixará de tratar os datos, agás por motivos legais, ou o exercicio ou a defensa de posíbeis reclamacións.
  • Portabilidade: permite ao titular recibir os seus datos persoais e poder transmitilos directamente a outro responsable nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica. Para o exercicio deste dereito, será necesario que o titular proporcione un correo electrónico válido.

A solicitude haberá de dirixirse á AULA CASTELAO como responsábel do ficheiro, á dirección postal ou electrónica que no apartado sobre o responsábel do tratamento desta cláusula ou ao Delegado de Protección de Datos, indicando a referencia “Protección de Datos”. Na solicitude farase constar: Nome, apelidos, fotocopia do Documento Nacional de Identidade, petición en que se concreta a solicitude e enderezo para os efectos de notificacións. En caso de non estar satisfeito coa resposta da AULA CASTELAO ante o exercicio dos seus dereitos, ten dereito a reclamar ante a Autoridade de Control a tutela destes.

Sen prexuízo do anterior, calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se a AULA CASTELAO está a tratar datos persoais que lle concirnan ou non.

COMO OBTIVEMOS OS SEUS DATOS?

Os datos persoais obxecto de tratamento pola AULA CASTELAO foron proporcionados por Vd. mesmo mediante a subscrición do Contrato, se é o caso. AULA CASTELAO tratará datos das persoas físicas e/ou organizacións que sexan necesarias ao obxecto do Contrato, tratando unicamente os datos mínimos para a súa localización profesional e só coa finalidade de manter a relación con respecto ao contrato subscrito coa persoa xurídica en que o afectado traballe e/ou preste os seus servizos. No devandito suposto, a AULA CASTELAO infórmalle do tratamento das seguintes categorías de datos:

Datos Identificativos
Enderezos postais e electrónicos
Información contractual
Non se tratan datos especialmente protexidos

Se cumpre formularios para realizar consultas ou solicitar información AULA CASTELAO só tratará os datos que requiren os mesmos e, en especial, o seu nome e enderezo electrónico.

AULA CASTELAO infórmao do tratamento das seguintes categorías de datos, indicando que poderá completar os seus datos mediante a procura de datos que Vd. publique nas diferentes redes sociais en que teña perfil público, para ser tratados conforme á presente política de privacidade. Non obstante, na devandita rede social os seus datos rexeranse polas políticas de privacidade desta.

Datos Identificativos
Direccións postais, electrónicas e teléfono
Formación académica
Experiencia profesional
Non se tratan datos especialmente protexidos

Exactitude dos datos e maioría de idade. Vd. garante que é maior de idade ou maior de catorce anos conforme á normativa vixente en materia de protección de datos (ou que os devanditos datos se facilitaron co consentimento dos seus pais ou titores legais), e que os datos achegados son verdadeiros, exactos, completos e actualizados, sendo responsábel de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obriga.

DURANTE CANTO TEMPO ALMACENAREMOS OS SEUS DATOS?

A AULA CASTELAO infórmalle que tratará e almacenará os seus datos sempre e cando sexa necesario para a execución do Contrato e este se encontre vixente e co fin de poder usalos conforme á finalidade e base xurídica do tratamento pola que foron solicitados. Unha vez finalizado o Contrato, manteremos os seus datos persoais durante os prazos de prescrición legal, de conformidade coa lexislación vixente aplicable en materia Tributaria, Civil e Mercantil.

Nos supostos nos que o seu consentimento sexa a base de lexitimación, a AULA CASTELAO tratará e almacenará os datos que nos facilita, a menos que revogue o seu consentimento ou se opoña ao devandito tratamento.

Tamén tratamos os seus datos para cumprir cos requisitos da lei aplicábel, previr accións ilícitas, resolver disputas, solucionar problemas, executar o noso contrato e outras accións permitidas pola lei. Unha vez que non sexa necesario o tratamento dos seus datos e transcorridos os prazos de prescrición legal, eliminarémolos e/ou bloquearemos conforme á nosa política de retención e supresión de datos.

De acordo aos estándares do sector, a AULA CASTELAO infórmalle que mantén medidas técnicas e organizativas contra a destrución accidental ou ilegal, perda ou alteración accidental, revelación ou acceso non autorizado e outras formas ou procedementos ilegais. Neste sentido, a AULA CASTELAO adoptará as medidas de seguridade que resulten adecuadas para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado de datos. Así mesmo, informará a quen teña acceso aos seus datos sobre as súas obrigas de seguridade, confidencialidade e do seu deber de gardar segredo.

Copyright ©2021 Aula Castelao de Filosofía