VÍDEOS DA XXXI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA
Podedes ollar os vídeos dos relatorios da pasada edición da Semana Galega de Filosofía, XXXI SGF “Filosofía e revolución”, dende aquí:
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that aulacastelao contributed 166 entries already.
Podedes ollar os vídeos dos relatorios da pasada edición da Semana Galega de Filosofía, XXXI SGF “Filosofía e revolución”, dende aquí:
A Aula Castelao de Filosofía realizou un ano máis a edición da Semana Galega de Filosofía co título de “Filosofía e revolución.” Do 21 ao 25 de abril de 2014 celebrouse na cidade de Pontevedra a XXXI SGF, tendo como sede o Teatro Principal na rúa de Paio Gómez Chariño, 6. [nggallery id=66]
Podes ollar os relatorios da XXX Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e Memoria”, dende aquí:
Do 1 ao 5 de abril de 2013, celebrouse en Pontevedra a XXX Semana Galega de Filosofía, baixo o título de “Filosofía e memoria”, tendo como sede da SGF o Teatro Principal. [nggallery id=65]
A “Aula Castelao de Filosofía”, asociación constituída por profesionais de distintas ramas do saber, que traballan nos eidos intelectual e docente para transformar Galicia nunha sociedade de cidadáns e cidadás libres, iguais e solidari@s. Á vista das propostas estabelecidas polo Ministerio de Educación no seu borrador do Anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da […]
A AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA, como colectivo de ensinantes de educación secundaria na súa maioría, e como foro de reflexión crítica, de renovación educativa e de contribución á normalización da lingua e cultura propias de Galicia, quere manifestar e denunciar o seguinte: Amosamos a nosa preocupación e repulsa polas medidas restritivas que nos últimos anos […]
Entre os días 9 e 13 de abril de 2012 celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía, co título de Filosofía e Europa. Como en anos anteriores tódalas sesións tiveron lugar no auditorio de Novacaixagalicia, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé. [nggallery id=63]
A Aula Castelao foi galardoada co premio Xoán Manuel Pintos 2011, concedido polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua. Desta maneira se recoñece o labor de impulso, que o noso colectivo fai, do uso da lingua propia de Galicia: o galego. Tódalas persoas que formamos parte da Aula Castelao agradecemos […]
A Aula Castelao apoia a manifestación deste venres 21 de outubro, convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría. Con esta manifestación, a cidadanía expresará á Xunta de Galicia o seu rexeitamento á posibilidade de que sexan concedidas as Autorizacións Ambientais Integradas a ENCE e ELNOSA, co que se favorecería a permanencia do complexo. panfleto_AAIs_MANI.21.10.11
Samir Amin, quen clausurou a pasada SGF, agasállanos cun artigo onde fai unha análise dos acontecementos que se están a vivir no mundo árabe. Aquí podedes ler ou descargar o artigo traducido ao galego e maila súa versión orixinal no idioma francés. 2011: a primavera árabe? SAMIR AMIN O ano 2011 comezou cunha serie de […]
A Aula Castelao de Filosofía quere facer público o seu apoio á convocatoria da marcha contra Celulosas, o vindeiro 11 de xuño en Pontevedra á 19:30 horas, que a APDR (Asociación Pola Defensa da Ría) fai este ano cos lemas: HOXE MÁIS QUE NUNCA, CELULOSAS-ELNOSA FÓRA DA RÍA e CONTRA AS RENOVACIÓNS DAS AUTORIZACIÓNS AMBIENTAIS INTEGRADAS PARA […]
Mercedes Moreno Sande, membra da Aula Castelao de Filosofía, presentou a conclusións da XXVIII SGF, Filosofía e mentira: O mundo está cambiando. A brutalidade capitalista está mostrando sen veos a súa faciana non dun xeito remoto, en lugares lonxanos. Aquí mesmo, en Galiza, empezamos a comprender que o noso soño de prosperidade, liberdade e progreso […]
Carlos Calviño, coordinador da Aula Castelao de Filosofía, presentou a XXVIII SGF, Filosofía e mentira: A verdade é máis nefasta que a ignorancia, posto que inutiliza as forzas propias da ilustración e do coñecemento. Abrimos con Nietzsche, e na súa xenealoxía conceptual deterase Miguel Morey. Amosaremos, de seguido, a nosa preocupación sobre a mentira nos […]
Inscricións pechadas dende o xoves 21 de abril ás 00:00 horas. >> Listaxe de matriculación
Entre os días 25 e 29 de abril de 2011 celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía, co título de Filosofía e Mentira. Como en anos anteriores tódalas sesións tiveron lugar no auditorio de Novacaixagalicia, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé. [nggallery id=60]
Juan Carlos Fernández Naveiro, membro da Aula Castelao, presentou as conclusións da XXVII Semana Galega de Filosofía. PRESENTACIÓN Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Vicerreitor da Universidade de Vigo, Subdirector Xeral de Caixanova, Decano do Colexio de Avogados, Director do Parador de Pontevedra, compañeiras e compañeiros: boas noites e grazas pola vosa presenza. Chega […]
A Aula Castelao de Filosofía rexeita o chamado “Decreto do Plurilingüismo”. A “Aula Castelao de Filosofía”, unha asociación constituída por profesionais de distintos ámbitos do saber, que traballan nos eidos intelectual e docente por transformar Galiza nunha sociedade de cidadás e cidadáns libres e solidari@s, ante as Bases para a elaboración do decreto do […]
O prazo de inscrición rematou o mércores 31 de marzo de 2010. En ningún caso é posíbel a matrícula no Auditorio de Caixanova durante a celebración da Semana.
Lembrámoslle ao profesorado que o desexe que debe solicitar o permiso para asistir á SGF o antes posíbel, e como mínimo con quince días de antelación ao comezo do Congreso. Lexislación: Circular Nº 3/98 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e F.P.
O prazo de inscrición remata o mércores 31 de marzo de 2010.Por favor, realizade a inscrición unha soa vez. En aproximadamente tres días podedes comprobar aquí a listaxe de matriculados e matriculadas. En ningún caso é posíbel a matrícula no Auditorio de Caixanova durante a celebración da Semana.
Listaxe das comunicacións aceptadas.
Xa podes ver aquí o programa da XXVII SGF: Filosofía e Economía. Do 5 ao 9 de abril de 2010, no Auditorio de Caixanova de Pontevedra.
[nggallery id=58]
[nggallery id=55]
A Aula Castelao de Filosofía suscribe o manifesto en apoio de Aminetu Haidar e da causa do pobo saharauí promovido desde Galiza. Podes lelo e colaborar premendo embaixo.
Por enfermidade do relator de hoxe, hai un cambio nos relatorios de hoxe e mañá: -Mércores, 9 de decembro de 2009 “A muller real versus a muller ideal a finais do século XIX.” Erika Bornay Campoamor Profesora de Historia da Arte na Universidade de Barcelona. -Xoves, 10 de decembro de 2009 “Mulleres artistas: outra mirada […]
Os días 9, 10 e 11 de decembro de 2009, dentro da Programación de Outono da Vicerreitoría de Pontevedra da Universidade de Vigo, a Aula Castelao de Filosofía organiza as Xornadas Xeneros na Arte. Lugar: Casa das Campás, Pontevedra. Ás 20:00 horas. Entrada libre.
Do 5 ao 9 de abril de 2010 celebrarase a XXVII Semana Galega de Filosofía en Pontevedra. Este ano o título é Filosofía e Economía. Xa está aberto o prazo para enviar comunicacións. Prazo até o 31 de xaneiro de 2010.
Eduardo García Parada, membro da Aula Castelao, presentou as conclusións da XXVI Semana Galega de Filosofía. 1. Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Delegada de Cultura da Xunta de Galiza, Vicerreitor da UVigo, Subdirector Xeral de Caixanova, Decano do Colexio de Avogados, Director do Parador de Pontevedra, relatores e relatoras, compañeiros e compañeiras, boas […]
Listaxe das comunicacións aceptadas embaixo. Podes consultalas e imprimilas en formato pdf aquí.
Xa podes ver aquí o programa da XXVI SGF: Filosofía e Educación. Do 13 ao 17 de abril de 2009, no Auditorio de Caixanova de Pontevedra.
A Aula Castelao de Filosofía e a Universidade de Vigo recoñecen o Congreso XXVI SGF con 50 horas de formación.
Galería de imaxes cos carteis de todas as edicións da Semana Galega de Filosofía.
[nggallery id=54]
AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA
Montero Ríos s/n
36001 Pontevedra (Galiza)
Fax: 986 868 081
Solicitámosche permiso para poder usar cookies no teu dispositivo. Utilizamos cookies para informarnos cando visitas a nosa web, como interactúas connosco, todo iso para enriquecer a túa experiencia de usuario e para personalizar a túa relación co noso sitio web.
Feixe clic nos seguintes encabezados para obter máis información. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Ten en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a túa experiencia na nosa web e os servizos que podemos ofrecer.
Estas cookies son estritamente necesarias para proporcionarche os servizos dispoñibles a través da nosa web e para usar algunhas das súas funcións: AUTH_ KEY, SECURE_ AUTH_ KEY, LOGGED_ IN_ KEY, NONCE_ KEY, comment_ author, comment_ author_email, comment_ author_url, rated, gdpr, gawdp. Úsanse para almacenar o teu nome, correo, IP e demais datos que deixas nos formularios de contacto, acceso e as túas preferencias de privacidade.
Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para mostrar a web, non pode rexeitalas sen afectar o funcionamento do noso sitio. Podes bloquealas ou eliminalas cambiando a configuración do teu navegador e forzar o bloqueo de todas as cookies neste sitio web.
Estas cookies recompilan información que se utiliza de forma agregada para axudarnos a comprender como se utiliza o noso sitio web ou que tan efectivas son as nosas campañas de márketing, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.
Se non desexas que rastrexemos a túa visita ao noso sitio, podes deshabilitar o seguimento no teu navegador aquí:
Tamén utilizamos diferentes servizos externos como Google Webfonts, Google Maps e provedores externos de vídeo. Dado que estes provedores poden recompilar datos persoais, como a túa dirección IP, permitímosche bloquealos aquí. Ten en conta que isto pode reducir en gran medida a funcionalidade e a aparencia da nosa web. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.
Configuración de Google Fonts:
Configuración de Google Maps:
Vídeos de Vimeo ou Youtube:
Podes coñecer a nosa Política de Privacidade, moi respectuosa cos teus datos, facendo click no seguinte link:
Política de Privacidade