XXVIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E MENTIRA”

Entre os días 25 e 29 de abril de 2011 celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía, co título de Filosofía e Mentira. Como en anos anteriores tódalas sesións tiveron lugar no auditorio de Novacaixagalicia, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé.