Entries by aulacastelao

XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E O COMÚN”

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.

A XXXV Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 2 ao 6 de abril de 2018, baixo a epígrafe de “Filosofía e o Común”.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores, a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.
Podedes descargar o dossier da XXXV SGF “Filosofía e o Común” dende esta páxina.

SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXV SGF

Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 2 e 6 de abril de 2018, co título de: Filosofía e o Común.
O prazo de admisión de comunicacións rematará o 10 de xaneiro de 2018.

A industria do medicamento: Un negocio saudable?

Documentación da conferencia impartida o martes 18 abril de 2017 ás 20:00 por don Germán Velásquez, Conselleiro Especial para Saúde e Desenvolvemento no Centro Sur en Xenebra, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Presentación en PowerPoint (3’6 MB):  “A industria do medicamento: Un negocio saudable?” Texto completo en PDF: “A industria do medicamento: Un […]

Manifesto a prol da Filosofía

Un día como hoxe hai 4 anos, en 2013, presentamos aquí un comunicado conxunto en defensa da filosofía, a Facultade de Filosofía de Santiago, a SOGAFI, o grupo Doxa e a Aula Castelao de Filosofía recollendo o lema QUÉN TEME Á FILOSOFÍA? que servira para unha campaña reivindicativa impulsada a nivel estatal pola Red Española de Filosofía (REF).

A LOMCE foi aprobada en decembro de 2013, e neste curso 2016-2017 completouse o proceso de implantación desta nova reforma educativa que está a causar graves prexuízos aos estudos de Filosofía no ensino secundario, enfrontándonos aos profesionais da filosofía a un futuro cada vez máis restritivo en termos de horas lectivas, de postos de traballo e de relevancia académica.

Políticas enerxéticas e ambientais na Galiza: metabolismo socioeconómico e conflitos sociais

As políticas enerxéticas e ambientais na Galiza nos últimos anos poden ser analizadas a través da súa coherencia cun metabolismo socioeconómico necesitado de cantidades crecentes de materiais, enerxía e auga. O territorio é visto como un lugar de onde extraer recursos susceptíbeis de seren transformados, dentro ou fóra do país, en bens e servizos diversos […]

Pensar a política emancipatoria despois da posmodernidade

A fin dos “grandes relatos” preconizada no seu día polo discurso posmoderno apuntaba, sobre todo, á fin das “metanarrativas de emancipación” trazadas tamén no seu día polo discurso filosófico-político moderno. Coa súa radical posta en cuestión dos fundamentos conceptuais básicos que serviron de eixo reitor ao proxecto emancipatorio da modernidade, o pensamento posmoderno acabou socavando […]

“Ocho apellidos de regiones escasamente romanizadas”: Cultura da Transición e conflito colonial interno no Estado español

Nesta conferencia abordarei o conflito territorial interno do Estado español dende unha perspectiva poscolonial, facendo fincapé nas súas dimensións simbólica e material. En consonancia con varias das voces críticas da Transición española que falan do conflito colonial interno no Estado español como un indicador da democraticidade fallida que instaurou o proceso constitucional de 1978 (Pastor, […]

Definición de esquerda e análise da situación

Parte da constatación da posta en crise da esquerda, chegando os máis audaces a sancionar o seu anacronismo e os máis inconscientes a decretar a súa inexistencia. E trata de esclarecer as determinacións empíricas, os motivos ideolóxicos e as carencias teóricas que levaron a converter en tópico banal unha percepción triplamente “ilusoria”: ilusión da “dereita” […]

A desarticulación da sociedade galega: territorio, migración, destrución do tecido produtivo e dos mecanismos de cobertura social

O resultado da hexemonía do sistema capitalista na Galicia contemporánea exprésase nunha ocupación moi desigual, pouco racional, do territorio. Un territorio que sufriu un proceso urbanizador intenso e moi rápido no tempo, que establece unha división do país en dúas partes ben diferenciadas. O eixo urbano atlántico, urbano e superpoboado, que se estende desde Ferrolterra […]

Política en Movemento. Movementos sociais e soberanía

Neste relatorio preténdese facer un repaso histórico das principais achegas e legado dos grandes ciclos de protesta dende metade do século XX até a actualidade. Amais, procúrase achegar e discutir algunhas claves interpretativas de certos movementos contemporáneos e o papel político que poden xogar. Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía Mércores 30. Mañán […]

Perigo! Un tratado que nos ameaza. Paremos o Tratado Transatlántico de Libre Comercio e Inversión, TTIP!

O TTIP é un tratado que se está negociar desde xuño de 2013 entre a Unión Europea e Estados Unidos, cunha total falta de transparencia, de costas á cidadanía e aos seus representantes elixidos democraticamente. O seu obxectivo principal é, segundo recoñeceron os negociadores, eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan os beneficios potenciais das corporacións […]

Consecuencias económicas do rol dependente de Galiza no estado español no marco da UE

Galiza insírese no Estado Español dun xeito politicamente dependente e economicamente periférico, xa que logo, alleo aos centros de decisión política e económica. A pertenza do Estado español á Unión Europea, onde o Estado español forma parte dos países periféricos dunha unión que prima os intereses do capital financeiro franco-alemán, reforza a condición do noso […]

Crise, adelgazamento e deformación dos conceptos ético-políticos

A maioría dos conceptos ético-políticos que manexamos na actualidade (liberdade, xustiza, igualdade, democracia, revolución, utopía, etc.) remóntanse á antigüidade, malia que convendremos en que o seu significado data das orixes da modernidade, como moi ben sinalara o filósofo alemán Reinhart Koselleck na súa historia conceptual. Sen embargo, parecera que nas últimas década asistimos a un adelgazamento […]

O “procés català” e a política do século XXI. Soberanías, representación e discurso para unha revolución democrática

Ridiculizado, minusvalorado e insultado, o proceso político republicano en Catalunya leva sete anos consolidando novas formas políticas, de discurso e de representación. Dende as movilizacións masivas ata a creación de novos suxeitos políticos (ANC) dende a trituración de vellos partidos (CiU, ICV, PSC…) ata a consolidación dunha vía democrática que leve á creación da República […]

O suxeito político e a cuestión nacional

Por suxeito político enténdese a colectividade (non multitude) que é quen de crear unha subxectivación tal –con independencia do lugar asignado no seo do capitalismo- que irrompe decisivamente contra a orde establecida por ese modo de produción. No caso galego, o axioma é nidio: sen liquidar a opresión de clase e sen afirmar a idea de nación e […]

Política e Vulnerabilidade

Desde Platón, como subliñan diversos autores e autoras (Alasdair MacIntyre, Martha Nussbaum, Adriana Cavarero) a historia da filosofía ignora a vulnerabilidade humana. Nos últimos anos, non obstante, constatase que a vulnerabilidade vai adquirindo unha presenza cada vez máis importante no pensamento filosófico, ético e político. Ben é certo que desde os anos setenta a vulnerabilidade […]

A relación sexual entre homes e mulleres non se pode escribir

A relación sexual non existe. Jaques Lacan Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía. Araceli Fuentes García-Romero. Psicoanalista en Madrid. Formada na ensinanza de Jaques Lacan. Analizouse en París coa Sra. Colette Soler. Membro da Escola Lacaniana de psicanálise e da Asociación Mundial de psicanálise. Realizou o seu pase e foi nomeada Analista da […]

Sexualidade e identidades desobedientes: Unha pedagoxía transgresora para a transición do status quo ao status queer

Calquera estratexia para eliminar a violencia de xénero, debe por tanto, comparar as carencias culturais e as estructuras sociais que a perpetúan. Lori Heise Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Victoria Carrera. Licenciada en Psicopedagoxía eDoutorada pola Universidade de Vigo en 2010 coa tese “Maltrato escolar entre iguais en Educación Secundaria Obrigatoria: Prácticas […]

O sexo de pago. Os discursos en torno á pornografía e á prostitución

¿Existe un buen modo de categorizar los cuerpos? ¿Qué nos dicen las categorías? Las categorías nos dicen más sobre la necesidad de categorizar los cuerpos que sobre los cuerpos mismos. Judith Butler Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Dolores Juliano Corregido. Cursou a licenciatura de Antropoloxía en Arxentina e doctorouse en Filosofía e […]

Ciencia, inocencia e sexo

A inxenua analoxía dos órganos dos dous sexos desapareceu, pero aínda temos que desprendernos de moitos outros errores heredados, pois o percorrido desde a disección ata a formulación é tan complicado, tan pouco directo e tan condicionado pola cultura coma antes. Ludwik Fleck Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Javier Peteiro Cartelle. Nado […]

Historia do movemento LGBT en Galicia

Todas as personas producimos xénero, produzamos liberdade. Argumentemos con infinitos xéneros. Manifesto transfeminista Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Laura Bugalho. Diplomada en Maxisterio e licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Social, traballa como sindicalista da CIG desde 1992. Asemade ten destacado como activista LGBTQ, feminista e transfeminista e a prol dos […]

Mercados do sexo en Galicia vs Industria da salvación

  …a prostituta está dobremente disminuida respecto ó seu cliente, pola necesidade material que a levou a ese oficio (presión de clase), polo seu estatuto de muller (presión de xénero). Pascal Bruckner Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía José López Riopedre. Doutor en Socioloxía, avogado, diplomado en criminoloxía e profesor-titor de Socioloxía e […]

Nocións de sexosofía antiga

Mentres o sexo sexa tratado coa actual confusión, ignorancia e sofisticación, negación e indulxencia, supresión e estimulación, castigo e explotación, misterio e proposta, será asociado coa duplicidade e indecencia en vez de honestidade intelectual ou dignidade humana. Alfred Kinsey Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Joserra Landarroitajauregi Gara. Sexólogo. Pedagogo. Psicólogo. Co-director do […]