XXXIV Semana Galega de Filosofía


Manifesto a prol da Filosofía   Actualizada!

Un día como hoxe hai 4 anos, en 2013, presentamos aquí un comunicado conxunto en defensa da filosofía, a Facultade de Filosofía de Santiago, a SOGAFI, o grupo Doxa e a Aula Castelao de Filosofía recollendo o lema QUÉN TEME Á FILOSOFÍA? que servira para unha campaña reivindicativa impulsada a nivel estatal pola Red Española de Filosofía (REF).

A LOMCE foi aprobada en decembro de 2013, e neste curso 2016-2017 completouse o proceso de implantación desta nova reforma educativa que está a causar graves prexuízos aos estudos de Filosofía no ensino secundario, enfrontándonos aos profesionais da filosofía a un futuro cada vez máis restritivo en termos de horas lectivas, de postos de traballo e de relevancia académica.


XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E SAÚDE”   Actualizada!

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía, desta vez baixo a epígrafe de Filosofía e Saúde.

Celebrarase do 17 ao 21 de abril de 2017 no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6).
Como en anos anteriores, a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 1 crédito ECTS.


SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXIV SGF   Actualizada!

Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a vindeira celebración en Pontevedra da XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA que terá lugar entre os días 17 e 21 de abril de 2017 baixo a epígrafe de Filosofía e Saúde.

Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da SGF, con vistas á ampliación e enriquecemento das posibilidades de debate.