VÍDEOS DA XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA
Podedes ollar os vídeos dos relatorios da XXXV Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e o común”, dende aquí:
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that aulacastelao contributed 176 entries already.
Podedes ollar os vídeos dos relatorios da XXXV Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e o común”, dende aquí:
Privado , público e común, a partir de Deleuze a Negri. Aquí dispoñedes de 2 documentos para ler como anticipo do relatorio de mañá ás 10:30 horas de Francisco José Martínez: LO PRIVADO COMO CATEGORIA INTELECTO GENERAL, SERVIDUMBRE VOLUNTARIA Y COMUNISMO 1
Por causas alleas á súa vontade, Ángeles Ramírez non poderá participar na XXXV SGF Filosofía e o común. O seu relatorio estaba previsto para o xoves 5 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar estará Laura Mijares (Universidade Complutense de Madrid, UCM). Laura Mijares é arabista de formación pola UCM e doutora en Estudos […]
A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXV Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 2 ao 6 de abril de 2018, baixo a epígrafe de “Filosofía e o Común”.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores, a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.
Podedes descargar o dossier da XXXV SGF “Filosofía e o Común” dende esta páxina.
Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 2 e 6 de abril de 2018, co título de: Filosofía e o Común.
O prazo de admisión de comunicacións rematará o 10 de xaneiro de 2018.
Documentación da conferencia impartida o venres 21 de abril de 2017 ás 10:30 por dona Margarita Boladeras Cucurella, catedrática emérita de Filosofía Moral e Política da Universidade de Barcelona, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Documentación da conferencia impartida o xoves 20 de abril de 2017 ás 17:00 por don Antón Masa Vázquez, biólogo e presidente de APDR, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Documentación da conferencia impartida o mércores 19 de abril de 2017 ás 17:00 por don Marino Pérez Álvarez, catedrático de Psicoloxía na Universidade de Oviedo no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Presentación en PowerPoint (1’4 MB): “As catro causas do TDAH: Aristóteles na aula”
Documentación da conferencia impartida o martes 18 abril de 2017 ás 20:00 por don Germán Velásquez, Conselleiro Especial para Saúde e Desenvolvemento no Centro Sur en Xenebra, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Presentación en PowerPoint (3’6 MB): “A industria do medicamento: Un negocio saudable?” Texto completo en PDF: “A industria do medicamento: Un […]
Documentación da conferencia impartida o martes 18 de abril de 2017 ás 17:00 por don José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito da Universidade da Coruña, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Documentación da conferencia impartida o martes 18 de abril de 2017 ás 10:30 por dona Maribel Blázquez Rodríguez, profesora de Antropoloxía Social na Universidade Complutense de Madrid, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Documentación aportada por don Manuel Martin Garcia, Presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, impartida o luns 17 de abril de 2017 ás 17:00 horas xunto con do Pablo Vaamonde García, médico de familia, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Un día como hoxe hai 4 anos, en 2013, presentamos aquí un comunicado conxunto en defensa da filosofía, a Facultade de Filosofía de Santiago, a SOGAFI, o grupo Doxa e a Aula Castelao de Filosofía recollendo o lema QUÉN TEME Á FILOSOFÍA? que servira para unha campaña reivindicativa impulsada a nivel estatal pola Red Española de Filosofía (REF).
A LOMCE foi aprobada en decembro de 2013, e neste curso 2016-2017 completouse o proceso de implantación desta nova reforma educativa que está a causar graves prexuízos aos estudos de Filosofía no ensino secundario, enfrontándonos aos profesionais da filosofía a un futuro cada vez máis restritivo en termos de horas lectivas, de postos de traballo e de relevancia académica.
Entre os días 17 e 21 de abril de 2017 celebrouse no Teatro Principal da cidade de Pontevedra a XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, baixo a epígrafe de Filosofía e Saúde.
Podedes ollar os vídeos dos relatorios da XXXIV Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e saúde”, dende aquí:
Vídeos da XXXIII Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Política:
Lección de clausura a cargo de LAURA MINTEGI LAKARRA (Estella, Navarra; 26 de outubro de 1955) é unha escritora en euskera, profesora da Universidade do País Vasco e expolítica española. Foi candidata á presidencia do Goberno Vasco pola coalición Euskal Herria Bildu para as eleccións ao Parlamento Vasco de 2012. Aínda que naceu en Navarra, […]
As políticas enerxéticas e ambientais na Galiza nos últimos anos poden ser analizadas a través da súa coherencia cun metabolismo socioeconómico necesitado de cantidades crecentes de materiais, enerxía e auga. O territorio é visto como un lugar de onde extraer recursos susceptíbeis de seren transformados, dentro ou fóra do país, en bens e servizos diversos […]
A fin dos “grandes relatos” preconizada no seu día polo discurso posmoderno apuntaba, sobre todo, á fin das “metanarrativas de emancipación” trazadas tamén no seu día polo discurso filosófico-político moderno. Coa súa radical posta en cuestión dos fundamentos conceptuais básicos que serviron de eixo reitor ao proxecto emancipatorio da modernidade, o pensamento posmoderno acabou socavando […]
Dicía Voltaire que calquera que tivera o poder de facer crer idioteces tiña o poder de facer cometer inxustizas. Ese poder xa non o teñen os políticos senón os medios masivos e a súa extensión dixital, as redes sociais. Os medios de comunicación de masas téñense convertido nunha pedra angular dos sistemas representativos aos que […]
Nesta conferencia abordarei o conflito territorial interno do Estado español dende unha perspectiva poscolonial, facendo fincapé nas súas dimensións simbólica e material. En consonancia con varias das voces críticas da Transición española que falan do conflito colonial interno no Estado español como un indicador da democraticidade fallida que instaurou o proceso constitucional de 1978 (Pastor, […]
Parte da constatación da posta en crise da esquerda, chegando os máis audaces a sancionar o seu anacronismo e os máis inconscientes a decretar a súa inexistencia. E trata de esclarecer as determinacións empíricas, os motivos ideolóxicos e as carencias teóricas que levaron a converter en tópico banal unha percepción triplamente “ilusoria”: ilusión da “dereita” […]
Desde Occidente pode verse esta afirmación de dúas formas: ou moi irreal ou moi arriscada. O certo é que mentres nos entretemos en cuestións menores, o eixe do mundo desprazouse irreversiblemente cara a esa zona do mundo e non fai tanto tempo. Si hai que sinalar unha data esta é 2008, cando como consecuencia do […]
O resultado da hexemonía do sistema capitalista na Galicia contemporánea exprésase nunha ocupación moi desigual, pouco racional, do territorio. Un territorio que sufriu un proceso urbanizador intenso e moi rápido no tempo, que establece unha división do país en dúas partes ben diferenciadas. O eixo urbano atlántico, urbano e superpoboado, que se estende desde Ferrolterra […]
Neste relatorio preténdese facer un repaso histórico das principais achegas e legado dos grandes ciclos de protesta dende metade do século XX até a actualidade. Amais, procúrase achegar e discutir algunhas claves interpretativas de certos movementos contemporáneos e o papel político que poden xogar. Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía Mércores 30. Mañán […]
O TTIP é un tratado que se está negociar desde xuño de 2013 entre a Unión Europea e Estados Unidos, cunha total falta de transparencia, de costas á cidadanía e aos seus representantes elixidos democraticamente. O seu obxectivo principal é, segundo recoñeceron os negociadores, eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan os beneficios potenciais das corporacións […]
Galiza insírese no Estado Español dun xeito politicamente dependente e economicamente periférico, xa que logo, alleo aos centros de decisión política e económica. A pertenza do Estado español á Unión Europea, onde o Estado español forma parte dos países periféricos dunha unión que prima os intereses do capital financeiro franco-alemán, reforza a condición do noso […]
A maioría dos conceptos ético-políticos que manexamos na actualidade (liberdade, xustiza, igualdade, democracia, revolución, utopía, etc.) remóntanse á antigüidade, malia que convendremos en que o seu significado data das orixes da modernidade, como moi ben sinalara o filósofo alemán Reinhart Koselleck na súa historia conceptual. Sen embargo, parecera que nas últimas década asistimos a un adelgazamento […]
Ridiculizado, minusvalorado e insultado, o proceso político republicano en Catalunya leva sete anos consolidando novas formas políticas, de discurso e de representación. Dende as movilizacións masivas ata a creación de novos suxeitos políticos (ANC) dende a trituración de vellos partidos (CiU, ICV, PSC…) ata a consolidación dunha vía democrática que leve á creación da República […]
Por suxeito político enténdese a colectividade (non multitude) que é quen de crear unha subxectivación tal –con independencia do lugar asignado no seo do capitalismo- que irrompe decisivamente contra a orde establecida por ese modo de produción. No caso galego, o axioma é nidio: sen liquidar a opresión de clase e sen afirmar a idea de nación e […]
Desde Platón, como subliñan diversos autores e autoras (Alasdair MacIntyre, Martha Nussbaum, Adriana Cavarero) a historia da filosofía ignora a vulnerabilidade humana. Nos últimos anos, non obstante, constatase que a vulnerabilidade vai adquirindo unha presenza cada vez máis importante no pensamento filosófico, ético e político. Ben é certo que desde os anos setenta a vulnerabilidade […]
Entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2016 celebrouse na cidade de Pontevedra a XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, baixo a epígrafe de Filosofía e Política.
Podes ver todos os vídeos das diferentes edicións da Semana Galega de Filosofía dende aquí:
Podedes ollar os vídeos dos relatorios da pasada edición da Semana Galega de Filosofía, XXXII SGF “Filosofía e sexualidade”, dende aquí:
A relación sexual non existe. Jaques Lacan Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía. Araceli Fuentes García-Romero. Psicoanalista en Madrid. Formada na ensinanza de Jaques Lacan. Analizouse en París coa Sra. Colette Soler. Membro da Escola Lacaniana de psicanálise e da Asociación Mundial de psicanálise. Realizou o seu pase e foi nomeada Analista da […]
Calquera estratexia para eliminar a violencia de xénero, debe por tanto, comparar as carencias culturais e as estructuras sociais que a perpetúan. Lori Heise Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Victoria Carrera. Licenciada en Psicopedagoxía eDoutorada pola Universidade de Vigo en 2010 coa tese “Maltrato escolar entre iguais en Educación Secundaria Obrigatoria: Prácticas […]
¿Existe un buen modo de categorizar los cuerpos? ¿Qué nos dicen las categorías? Las categorías nos dicen más sobre la necesidad de categorizar los cuerpos que sobre los cuerpos mismos. Judith Butler Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Dolores Juliano Corregido. Cursou a licenciatura de Antropoloxía en Arxentina e doctorouse en Filosofía e […]
A inxenua analoxía dos órganos dos dous sexos desapareceu, pero aínda temos que desprendernos de moitos outros errores heredados, pois o percorrido desde a disección ata a formulación é tan complicado, tan pouco directo e tan condicionado pola cultura coma antes. Ludwik Fleck Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Javier Peteiro Cartelle. Nado […]
Todas as personas producimos xénero, produzamos liberdade. Argumentemos con infinitos xéneros. Manifesto transfeminista Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía Laura Bugalho. Diplomada en Maxisterio e licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Social, traballa como sindicalista da CIG desde 1992. Asemade ten destacado como activista LGBTQ, feminista e transfeminista e a prol dos […]
…a prostituta está dobremente disminuida respecto ó seu cliente, pola necesidade material que a levou a ese oficio (presión de clase), polo seu estatuto de muller (presión de xénero). Pascal Bruckner Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía José López Riopedre. Doutor en Socioloxía, avogado, diplomado en criminoloxía e profesor-titor de Socioloxía e […]
AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA
Montero Ríos s/n
36001 Pontevedra (Galiza)
Fax: 986 868 081
Solicitámosche permiso para poder usar cookies no teu dispositivo. Utilizamos cookies para informarnos cando visitas a nosa web, como interactúas connosco, todo iso para enriquecer a túa experiencia de usuario e para personalizar a túa relación co noso sitio web.
Feixe clic nos seguintes encabezados para obter máis información. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Ten en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a túa experiencia na nosa web e os servizos que podemos ofrecer.
Estas cookies son estritamente necesarias para proporcionarche os servizos dispoñibles a través da nosa web e para usar algunhas das súas funcións: AUTH_ KEY, SECURE_ AUTH_ KEY, LOGGED_ IN_ KEY, NONCE_ KEY, comment_ author, comment_ author_email, comment_ author_url, rated, gdpr, gawdp. Úsanse para almacenar o teu nome, correo, IP e demais datos que deixas nos formularios de contacto, acceso e as túas preferencias de privacidade.
Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para mostrar a web, non pode rexeitalas sen afectar o funcionamento do noso sitio. Podes bloquealas ou eliminalas cambiando a configuración do teu navegador e forzar o bloqueo de todas as cookies neste sitio web.
Estas cookies recompilan información que se utiliza de forma agregada para axudarnos a comprender como se utiliza o noso sitio web ou que tan efectivas son as nosas campañas de márketing, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.
Se non desexas que rastrexemos a túa visita ao noso sitio, podes deshabilitar o seguimento no teu navegador aquí:
Tamén utilizamos diferentes servizos externos como Google Webfonts, Google Maps e provedores externos de vídeo. Dado que estes provedores poden recompilar datos persoais, como a túa dirección IP, permitímosche bloquealos aquí. Ten en conta que isto pode reducir en gran medida a funcionalidade e a aparencia da nosa web. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.
Configuración de Google Fonts:
Configuración de Google Maps:
Vídeos de Vimeo ou Youtube:
Podes coñecer a nosa Política de Privacidade, moi respectuosa cos teus datos, facendo click no seguinte link:
Política de Privacidade