XLII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, FILOSOFÍA E ALIMENTO
A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XLII Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 6 ao 10 de abril de 2026, baixo a epígrafe de “Filosofía e Alimento”.
O prazo de matriculación estará aberto até o domingo 5 de abril. Se queredes matricularvos podedes facelo dende esta ligazón:
https://forms.gle/xEjkc1cg4weEUniw8
A XLII Semana Galega de Filosofía celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e a matrícula é de balde.
Como en anos anteriores a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas).



