A Deputación de Pontevedra colabora un ano máis coa Aula Castelao de Filosofía
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta mañá á presentación da XLI Semana Galega de Filosofía á que enxalzou como “peza clave para situar a Pontevedra como epicentro do pensamento internacional”. Esta iniciativa, promovida pola Aula Castelao de Filosofía, que este ano reflexionará sobre “Filosofía e nihilismo” e se desenvolverá entre o 21 e o 25 de abril no Teatro Principal de Pontevedra, conta coa colaboración do organismo provincial e traerá ata Pontevedra a persoas das letras e grandes voces da filosofía como Néstor Boris Kohan, Marta Dacosta, Nuria Romo, Paula Chizane, Leo Espluga, Laura Martín, SamiAshour ou Márcia Tiburi.