MUDANZAS NA PROGRAMACIÓN DA XLI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, FILOSOFÍA E NIHILISMO, DURANTE AS SESIÓNS MATINAIS

Por motivos alleos á organización a programación matinal da XLI Semana Galega de Filosofía, Filosofia e Nihilismo vén de sufrir tres mudanzas nas súas sesións. Por unha banda a filósofa brasileira Márcia Tiburi non poderá asistir á Semana Galega de Filosofía. No seu lugar falará o filósofo arxentino Néstor Kohan, a quinta feira 24 de abril ás 10h30.

Por mor deste cambio e á súa vez, o encargado de abrir a XLI Semana Galega de Filosofía será o profesor de filosofía moral na USC, Luís García Soto, a segunda feira 21 de abril ás 10h30.

Por último e en relación coas mudanzas anteriores, o relator que impartirá a conferencia da terza feira ás 10h30 será Xurxo Ayán, historiador e investigador galego que falará sobre Os mortos daquel verán: Nihilismo, Memoria e Exterminio na Galiza rural.

Aquí podedes descargar o tríptico e o caderno coas mudanzas referidas:

Tríptico Semana Galega de Filosofía 2025

Caderno XLI Semana Galega de Filosofía