LUÍS GARCÍA SOTO INAUGURARÁ A XLI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, FILOSOFÍA E NIHILISMO
O profesor de filosofía moral da USC Luís García Soto inaugurará a XLI SGF a segunda feira 21 de abril ás 10h30 no Teatro Principal de Pontevedra. Por motivos alleos á organización a conferencia de Néstor Kohan muda para a quinta feira 24 de abril ás 10h30. Así mesmo a conferencia da terza feira ás 10h30 será impartida polo historiador e investigador galego, Xurxo Ayán, co título de Os mortos daquel verán: Nihilismo, Memoria e Exterminio na Galiza Rural.