SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XLI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, FILOSOFÍA E NIHILISMO

Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XLI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 21 e 25 de abril de 2025, co título de:

FILOSOFÍA E NIHILISMO

Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada que serán publicadas nas datas de celebración da Semana, con vistas á ampliación e enriquecemento das posibilidades de debate.

As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:

  • Teren unha relación clara co tema da Semana.

  • Estaren escritas en galego.

  • Non sobrepasar as 300 liñas.

  • Nunha folla á parte: título, nome das autoras, enderezo, número de teléfono e correo  electrónico se o tiver.

  • Como inicio da comunicación: título, autoras e enderezo ou correo electrónico  para facer público.

No caso de non cumprir as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas. As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como ficheiro adxunto ao enderezo:

aula@aulacastelao.com

A data límite para a recepción das comunicacións é o 2 DE MARZO DE 2025.