SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXVI SGF: FILOSOFÍA E FRONTEIRA

Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciar a próxima celebración en Pontevedra da XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 22 e 26 de abril de 2019, co título de: Filosofía e Fronteira.

Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana. O prazo de admisión de comunicacións rematará o 31 de xaneiro de 2019.

As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:

– Ter unha relación clara coa temática da XXXVI SGF.
– Estar escritas en galego.
– Non sobrepasar as 300 liñas.
– Nunha folla á parte: título, nome das autoras e autores, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver.
– Como encabezamento da comunicación: título, autoras e autores e enderezo ou correo electrónico para facer público.

No caso que non cumprir as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas.

As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico, enviando o documento como ficheiro adxunto, ao enderezo:
aula@aulacastelao.com

Conferencia de Ramón Grosfoguel: “O xiro decolonial” (a mirada da humanidade excluída)

No 35 aniversario da Semana Galega de Filosofía, dende a Aula Castelao de Filosofía, quixemos organizar un encontro co profesor Ramón Grosfoguel, membro do grupo modernidade/colonialidade que representa a actualización da tradición de pensamento que incorpora a visión dos colectivos habitualmente excluídos da historia do pensamento. Tratan de botar luz sobre aquelas achegas que minusvaloramos ou ignoramos por proceder dos grupos sociais oprimidos, vencidos ou simplemente alleos aos focos do poder mundial. 
 
Ramon Grosfoguel é un sociólogo portorriqueño que traballa no Departamento de Estudos Étnicos da Universidade de Berkeley, California. propón unha reflexión crítica sobre o aparello teórico montado dende un antiesencialismo radical ou  anti- identitarismo que é propio para a realidade dunhas persoas que viven privilexios raciais no sistema mundo e que se converte en arma de colonización no momento en que ese marco antiesencialista se  extrapola. Fala sobre como certas formas de ser foron historicamente  superiorizadas e como en cambio outras foron tradicionalmente inferiorizadas.
 
Este acto, organizado pola Aula Castelao de Filosofía coa colaboración do Concello de Pontevedra, terá lugar a vindeira quinta feira 19 de xullo ás 20:00 h. no Pazo de Mugartegui en Pontevedra.
 

VÍDEOS DA XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA

Podedes ollar os vídeos dos relatorios da XXXV Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e o común”, dende aquí:

DOCUMENTOS PARA O RELATORIO DE MAÑÁ DE FRANCISCO JOSÉ MARTÍNEZ, “PRIVADO, PÚBLICO E COMÚN, A PARTIR DE DELEUZE A NEGRI”

Privado , público e común, a partir de Deleuze a Negri. Aquí dispoñedes de 2 documentos para ler como anticipo do relatorio de mañá ás 10:30 horas de Francisco José Martínez:

LO PRIVADO COMO CATEGORIA

INTELECTO GENERAL, SERVIDUMBRE VOLUNTARIA Y COMUNISMO 1

URXENTE! CAMBIO NOS RELATORIOS: ÁNGELES RAMÍREZ NON PARTICIPARÁ NA XXXV SGF

Por causas alleas á súa vontade, Ángeles Ramírez non poderá participar na XXXV SGF Filosofía e o común. O seu relatorio estaba previsto para o xoves 5 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar estará Laura Mijares (Universidade Complutense de Madrid, UCM). Laura Mijares é arabista de formación pola UCM e doutora en Estudos Internacionais Mediterráneos pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM). É profesora Titular da UCM, no Departamento de Lingüística e Estudos Orientais, donde deseñou e dirixiu o Máster en Estudos Avanzados sobre Islam na Sociedade Europea Contemporánea (https://www.ucm.es/estudiosavanzadosislam/) no que aída continúa a impartir docencia. Nesta universidade é tamén Directora do GRAIS (Grupo de Análise sobre Islam en Europa), un equipo interuniversitario e multidisciplinario de investigación que se ocupa da análise das diferentes dimensións políticas, sociais, xurídicas e económicas da presenza musulmá en Europa. O seu traballo actual, centrado na socioloxía das comunidades musulmás, dedica especial atención aos temas de xuventude, xénero, islamofobia e discriminación destas poboacións en Europa e no Estado español.

O seu relatorio versará sobre “A islamofobia nas sociedades actuais: exclusión, diversidade e racismo”.

XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E O COMÚN”

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.

A XXXV Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 2 ao 6 de abril de 2018, baixo a epígrafe de “Filosofía e o Común“.

Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.

Como en anos anteriores asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.  

Podedes descargar o dossier da XXXV SGF, Filosofía e o Común, dende aquí.

programa-xxxv-sgf

cartel-xxxv-sgf

 

Download the PDF file .