Neste relatorio preténdese facer un repaso histórico das principais achegas e legado dos grandes ciclos de protesta dende metade do século XX até a actualidade. Amais, procúrase achegar e discutir algunhas claves interpretativas de certos movementos contemporáneos e o papel político que poden xogar.
Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía
Mércores 30. Mañán 10:30 a 13:30. Bloque: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBOR DA POLÍTICA
ARNAU MATAS MORELL. Doutor en Filosofía e Máster en Estudos de Paz, Conflitos e Desenvolvemento. Investigador especializado en movementos sociais. Ten participado en diferentes proxectos relacionados coa comunicación alternativa, o movemento estudantil e a recuperación da memoria histórica. É fundador do medio de comunicación alternativo “contrainfo.cat”.
https://aulacastelao.gal/wp-content/uploads/defaul.jpeg400495aulacastelaohttps://aulacastelao.gal/wp-content/uploads/logo-aula-blanco.pngaulacastelao2016-03-23 11:08:222017-03-29 17:58:16Política en Movemento. Movementos sociais e soberanía
Por suxeito político enténdese a colectividade (non multitude) que é quen de crear unha subxectivación tal –con independencia do lugar asignado no seo do capitalismo- que irrompe decisivamente contra a orde establecida por ese modo de produción. No caso galego, o axioma é nidio: sen liquidar a opresión de clase e sen afirmar a idea de nación e responsabilidade nacional, calquera suxeito político resulta estéril, opaco ou equívoco. O nihilismo nacional, sob a forma de cosmopolitismo non só é un erro, é unha interpretación interesada da oligarquía. Afastar o contido do internacionalismo da súa forma nacional é a praxe daqueles que non entenden nada da solidariedade entre as nacións. Esta amósase vencellada por enteiro á resolta disposición pola soberanía nacional.
Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía. Luns 28. Tarde 17:00 a 19:30. Bloque: A POLÍTICA VISTA DESDE GALICIA
FRANCISCO SAMPEDRO OJEDA. Doutor en Filosofía. Premio da Crítica de Ensaio en dúas convocatorias (1998: Ideoloxía e distorsión. 2006: A violencia excedente). É colaborador en diversas revistas de filosofía internacionais, así como autor na prensa galega de múltiples traballos arredor de crítica literaria e política. Membro, entre outras organizacións, da SPLF (Societé de philosophie de langue française), ou da Association Louis Althusser… Publica con regularidade na revista galega de pensamento crítico A Trabe de Ouro, de cuxo consello de redacción forma parte. Ten publicado diversos ensaios sobre autores galegos (Dieste, Novoneyra, Vicente Risco…). Traduce asemade a filósofos contemporáneos, e ten realizado edicións críticas dalgúns deles, como Alain Badiou (Dun desastre escuro), Slavoj Zizek (O espectro segue a roldar. Actualidade do Manifesto Comunista), J-P. Sartre (O existencialismo é un humanismo), ou Simone de Beauvoir (Hai que queimar a Sade?). Impartiu conferencias nas Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, Lausanne, Poitiers, Bologna, na École Normale Supérieure de Paris, e na Semana de Filosofía de Pontevedra entre outras institucións.
https://aulacastelao.gal/wp-content/uploads/defaul.jpeg400495aulacastelaohttps://aulacastelao.gal/wp-content/uploads/logo-aula-blanco.pngaulacastelao2016-03-09 12:33:142017-03-29 17:58:57O suxeito político e a cuestión nacional
Para ofrecerche todas as funcionalidades da web, necesitamos o teu consentimento para utilizar cookies. Pola contra, algunhas seccións poderían deixar de funcionar. Tes máis información pulsando "+INFO"
Solicitámosche permiso para poder usar cookies no teu dispositivo. Utilizamos cookies para informarnos cando visitas a nosa web, como interactúas connosco, todo iso para enriquecer a túa experiencia de usuario e para personalizar a túa relación co noso sitio web.
Feixe clic nos seguintes encabezados para obter máis información. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Ten en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a túa experiencia na nosa web e os servizos que podemos ofrecer.
Cookies esenciais que utilizamos
Estas cookies son estritamente necesarias para proporcionarche os servizos dispoñibles a través da nosa web e para usar algunhas das súas funcións: AUTH_ KEY, SECURE_ AUTH_ KEY, LOGGED_ IN_ KEY, NONCE_ KEY, comment_ author, comment_ author_email, comment_ author_url, rated, gdpr, gawdp. Úsanse para almacenar o teu nome, correo, IP e demais datos que deixas nos formularios de contacto, acceso e as túas preferencias de privacidade.
Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para mostrar a web, non pode rexeitalas sen afectar o funcionamento do noso sitio. Podes bloquealas ou eliminalas cambiando a configuración do teu navegador e forzar o bloqueo de todas as cookies neste sitio web.
Cookies de Google Analytics
Estas cookies recompilan información que se utiliza de forma agregada para axudarnos a comprender como se utiliza o noso sitio web ou que tan efectivas son as nosas campañas de márketing, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.
Se non desexas que rastrexemos a túa visita ao noso sitio, podes deshabilitar o seguimento no teu navegador aquí:
Outros servizos externos
Tamén utilizamos diferentes servizos externos como Google Webfonts, Google Maps e provedores externos de vídeo. Dado que estes provedores poden recompilar datos persoais, como a túa dirección IP, permitímosche bloquealos aquí. Ten en conta que isto pode reducir en gran medida a funcionalidade e a aparencia da nosa web. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.
Configuración de Google Fonts:
Configuración de Google Maps:
Vídeos de Vimeo ou Youtube:
A nosa Política de Privacidade
Podes coñecer a nosa Política de Privacidade, moi respectuosa cos teus datos, facendo click no seguinte link: