VÍDEOS DA XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA
Vídeos da XXXIII Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Política:
Vídeos da XXXIII Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Política:
O TTIP é un tratado que se está negociar desde xuño de 2013 entre a Unión Europea e Estados Unidos, cunha total falta de transparencia, de costas á cidadanía e aos seus representantes elixidos democraticamente. O seu obxectivo principal é, segundo recoñeceron os negociadores, eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan os beneficios potenciais das corporacións transnacionais aos dous lados do Atlántico.
O TTIP atenta contra a democracia non só pola súa falta de transparencia senón porque hai un acordo explícito e público entre a Comisión Europea e EE.UU. de conceder ás grandes empresas multinacionais máis poder que aos cidadáns á hora de establecer leis reguladoras a ambos os lados do Atlántico.
Para iso o TTIP, así como o resto de tratados que se están negociando: o TISA (Tratado sobre Comercio e Servizos) e o CETA (Tratado de comercio e investimento con Canadá) dotaranse de:
Un Consello de Cooperación Regulatoria, que se materializou o 14 de novembro de 2013, como parte das negociacións. Este consello non só controlará a aplicación dos compromisos existentes en materia de desregulación senón que ademais dará ás multinacionais o poder de escoller e eliminar outras normativas unha vez finalizadas as negociacións do TTIP, así como de recibir notificación de todas as propostas de normas e leis novas antes da súa introdución, e terá a potestade de eliminar as restricións non desexadas sobre actividades comerciais.
Un Mecanismo de Resolución de Disputas Investidor-Estado – ISDS que é a ameaza á democracia máis grande que se deriva do TTIP xa que é o mecanismo que concede ás corporacións transnacionais o poder de demandar directamente a países concretos por perdas nas súas áreas de competencia como resultado de decisións de política pública. Esta disposición para a resolución de conflitos entre investidores e Estados (ISDS, polas súas siglas en inglés) non ten parangón nas súas consecuencias, pois equipara a condición xurídica do capital multinacional á do Estado-nación. Se se aprobar o TTIP, outorgaríaselles ás corporacións europeas e estadounidenses o poder de cuestionar decisións democráticas tomadas por Estados soberanos e de pedir indemnizacións cando estas decisións afecten de forma adversa aos seus beneficios. E o máis aberrante é que estas disputas non se dirimen nos tribunais internacionais xa existentes, senón que se presentan a un tribunal privado composto por tres avogados que teñen intereses económicos na disputa e que son os que acordarán a sanción e a sentenza, e sen posibilidade por parte do estado sancionado de recorrer a sentenza.
A firma do Tratado implicaría por tanto a perda da soberanía nacional e o sometemento dos nosos sistemas lexislativos aos intereses das empresas multinacionais.
As consecuencias irreversibles da firma do TTIP afectarían, entre outros, a:
Dereitos laborais:
Emprego:
Servizos:
Agricultura:
Protección ambiental:
Finanzas:
Protección de datos:
Cultura:
Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía. Martes 29. Noite 20:00 a 22:00. Bloque: A POLÍTICA A DEBATE
RICARDO GARCIA ZALDIVAR. Licenciado en Economía pola Universidade de Bilbao, Doutor en Estudos Territoriais e Urbanos pola Univ. de Paris Sorbonne e Doutor en Economía pola Universidade de Bilbao.
TRAXECTORIA PROFESIONAL
MOVEMENTOS SOCIAIS, SOLIDARIDADE E COOPERACIÓN
Por suxeito político enténdese a colectividade (non multitude) que é quen de crear unha subxectivación tal –con independencia do lugar asignado no seo do capitalismo- que irrompe decisivamente contra a orde establecida por ese modo de produción. No caso galego, o axioma é nidio: sen liquidar a opresión de clase e sen afirmar a idea de nación e responsabilidade nacional, calquera suxeito político resulta estéril, opaco ou equívoco. O nihilismo nacional, sob a forma de cosmopolitismo non só é un erro, é unha interpretación interesada da oligarquía. Afastar o contido do internacionalismo da súa forma nacional é a praxe daqueles que non entenden nada da solidariedade entre as nacións. Esta amósase vencellada por enteiro á resolta disposición pola soberanía nacional.
Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía. Luns 28. Tarde 17:00 a 19:30. Bloque: A POLÍTICA VISTA DESDE GALICIA
FRANCISCO SAMPEDRO OJEDA. Doutor en Filosofía. Premio da Crítica de Ensaio en dúas convocatorias (1998: Ideoloxía e distorsión. 2006: A violencia excedente). É colaborador en diversas revistas de filosofía internacionais, así como autor na prensa galega de múltiples traballos arredor de crítica literaria e política. Membro, entre outras organizacións, da SPLF (Societé de philosophie de langue française), ou da Association Louis Althusser… Publica con regularidade na revista galega de pensamento crítico A Trabe de Ouro, de cuxo consello de redacción forma parte. Ten publicado diversos ensaios sobre autores galegos (Dieste, Novoneyra, Vicente Risco…). Traduce asemade a filósofos contemporáneos, e ten realizado edicións críticas dalgúns deles, como Alain Badiou (Dun desastre escuro), Slavoj Zizek (O espectro segue a roldar. Actualidade do Manifesto Comunista), J-P. Sartre (O existencialismo é un humanismo), ou Simone de Beauvoir (Hai que queimar a Sade?). Impartiu conferencias nas Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, Lausanne, Poitiers, Bologna, na École Normale Supérieure de Paris, e na Semana de Filosofía de Pontevedra entre outras institucións.
Desde Platón, como subliñan diversos autores e autoras (Alasdair MacIntyre, Martha Nussbaum, Adriana Cavarero) a historia da filosofía ignora a vulnerabilidade humana. Nos últimos anos, non obstante, constatase que a vulnerabilidade vai adquirindo unha presenza cada vez máis importante no pensamento filosófico, ético e político. Ben é certo que desde os anos setenta a vulnerabilidade aparece no vocabulario da man do medioambientalismo e do ecoloxismo en referencia ao dano que se causa ou se pode causar a seres vivos, organismos, ecosistemas, xa pola acción humana, xa por catástrofes naturais. Igualmente, despois do 11 de setembro do 2001, faise un uso moi extensivo do termo, referindo aos temores, aos medos, ás inseguridades, á indefensión ou ao estar expostos, acrecentados pola dimensión global e os cambios na sociedade contemporánea. Malia o uso xeneralizado, a vulnerabilidade esixe unha maior precisión conceptual e tamén a súa comprensión como experiencia, esixe indagar nas súas articulacións ontolóxicas, éticas e políticas. Cuestións tais como se a vulnerabilidade é unha categoria negativa, se é unha condición universal ou non, se é unha noción relacional ou si pode sustraerse do campo da violencia, non só nos levarán a reflexionar sobre a vulnerabilidade compartida, sobre a súa distribución diferencial (sobre as vulnerabilidades, os grupos vulnerables, a precariedade, a fraxilidade), senón tamén sobre o humano, inhumano, posthumano, transhumano. Á derradeira, pensar as políticas da vulnerabilidade e a xustiza.
Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía. Luns 28. Mañán 10:30 a 13:30. Bloque: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBOR DA POLÍTICA
María Xosé Agra Romero. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Sección Filosofía (1978) pola Universidade de Santiago de Compostela. Grado de Licenciatura en Filosofía e Ciencias da Educación Sección Filosofía (1980) pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación Sección Filosofía (1984) pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrática de Filosofía Política. Área de Filosofía Moral (Universidade de Santiago de Compostela). Membro do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero (CIFEX) da Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos (USC). Coordinadora da Comisión de Igualdade e membro do Plenario do Consello da Cultura Galega.
Entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2016 celebrouse na cidade de Pontevedra a XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, baixo a epígrafe de Filosofía e Política.