XXVII SGF: Filosofía e Economía
Do 5 ao 9 de abril de 2010 celebrarase a XXVII Semana Galega de Filosofía en Pontevedra. Este ano o título é Filosofía e Economía.
Xa está aberto o prazo para enviar comunicacións. Prazo até o 31 de xaneiro de 2010.
Pontevedra, 2 de novembro de 2009
Estimadas compañeiras e compañeiros,
Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXVII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 5 e 9 de abril de 2010, co título de:
Filosofía e Economía
Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana, con vistas á ampliación e enriquecimento das posibilidades de debate.
As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:
- Ter unha relación clara co tema da Semana.
- Estaren escritas en galego.
- Non sobrepasar as 300 liñas.
- Nunha folla aparte: título, nome dos autores/as, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver.
- Como inicio da comunicación: título, autores/as e enderezo ou correo electrónico para facer público.
No caso que non se cumpran as condicións as comunicacións serán rexeitadas.
As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como arquivo adxunto ao enderezo:
A data límite para a recepción de comunicacións é o 31 DE XANEIRO DE 2010.
Aproveitamos a ocasión para informarvos que está ao voso dispor a nosa páxina WEB:
www.aulacastelao.com
Un saúdo,
AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA
* Aquelas persoas de fóra de Galiza que teñan dificultades para enviar as comunicacións en galego, por favor poñédevos en contacto coa organización (aula@aulacastelao.com).