Ciencia, inocencia e sexo
A inxenua analoxía dos órganos dos dous sexos desapareceu, pero aínda temos que desprendernos de moitos outros errores heredados, pois o percorrido desde a disección ata a formulación é tan complicado, tan pouco directo e tan condicionado pola cultura coma antes. Ludwik Fleck
Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía
Javier Peteiro Cartelle. Nado na Coruña en 1953. É Licenciado en Medicina e Ciruxía. É Doutor en Medicina e Ciruxía coa tese “Influencia dun campo magnético estático sobre a cinética celular de meristemos de Allium e linfocitos humanos. Análise citoxenético da súa capacidade mutaxénica en ambos sistemas experimentais”. É especialista en Análises Clínicas. Foi Secretario Xeral do Colexio Médico da provincia da Coruña e Coordinador da Unidade de Patoloxías de Baixa Prevalencia na mesma institución até o 2006. Na actualidade é Xefe de Sección de Bioquímica e Laboratorio de Alerxia no CHUAC. Ten desenvolvido tamén actividade docente como Profesor colaborador de Biofísica e Bioquímica na Escola Universitaria de Enfermería de A Coruña (1978-1997), Profesor de Bioestatística da mesma Escola (1983-1991) ou como Profesor de Terceiro Ciclo (2007-2012) en programas sobre “Aspectos básicos e clínicos do transplante” e “Medicina clínica. Avances e investigación”. É autor dun blog de reflexión, que mantén na actualidade, centrado no xogo entre memoria e esquecemento: “Cerca del leteo”.
Martes 7. Noite 20:00 a 22:00. Bloque: A SEXUALIDADE A DEBATE
Na conferencia analizaranse os aspectos que seguen:
- Evolución da sexualidade. Naturaleza do individual. Individuo versus suxeito.
- A diferencia sexual. Dimorfismo sexual.
- O suxeto sexuado. Atracción sexual, reproducción e estabilidade de parella.
- A inocencia sexual bioloxicista.