En apoio de Aminetu Haidar

A Aula Castelao de Filosofía suscribe o manifesto en apoio de Aminetu Haidar e da causa do pobo saharauí promovido desde Galiza. Podes lelo e colaborar premendo embaixo.

EN APOIO DE AMINETU HAIDAR, EN DEFENSA DA DIGNIDADE DOS POBOS
A loita pola vida de Aminetu Haidar. A loita pola autodeterminación do pobo Saharauí.

Mentres os portavoces dos gobernos de España e Marrocos defenden os seus intereses xerando ruído, mentres buscan conservar as súas alianzas e, á vez, desviar as súas responsabilidades cara ao outro. Aminetu Haidar vainos contando a verdade, cunha lucidez e unha coraxe imbatibeis.

Aminetu Haidar expresa con absoluta rotundidade o papel de cómplice necesario do goberno español nesta situación que ameaza con terminar en traxedia, cando denunciou que a actuación de Moratinos só pretende dilatar o camiño claro do que é unha violación flagrante dos Dereitos Humanos, do Dereito Internacional, do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, asinado tanto por España como por Marrocos, e que establece que ninguén poderá ser arbitrariamente privado do dereito a entrar no seu propio país, aínda que sexa un país ocupado ilegalmente (como é caso do Sahara), e mesmo as resolucións da ONU a prol do dereito a garantir o DEREITO Á AUTODETERMINACIÓN DO POBO SAHARAUÍ, o mesmo que temos todos os pobos que arelamos teren a nosa propia SOBERANÍA NACIONAL .

Aminetu defende coa súa actuación a súa dignidade persoal que, á súa vez, esíxelle un compromiso innegociable coa liberdade do seu atormentado pobo, porque son xa 34 anos de vergoñenta, violenta e ilegal ocupación marroquí os que sofre o pobo saharauí. Ocupación que foi denunciada por sucesivas resolucións de ONU e que non logrou o recoñecemento de ningún país do mundo, mais no país ocupante practícase o desterro, a tortura, e o encarceramento sistemático dos resistentes saharauís ante a indiferenza das potencias occidentais, nomeadamente o Estado Español, antigo estado colonizador.

Agora mesmo hai 7 activistas saharauís: Ahmed Alnasiri, Brahim Dahane, Yahdih Ettarouzi, Saleh Labihi, Dakja Lashgar, Rachid Sghir e Ali Salem Tamek encarcerados en Marrocos por visitar os campos de refuxiados en Tinduf e aos que un tribunal militar impútalles cargos que poden chegar, de ser condenados, á pena de morte. Por non falar dos milleiros de persoas represaliadas polo réxime monárquico marroquino.

Conmovidos polo exemplo de coherencia persoal desta loitadora saharauí, pero profundamente preocupados pola súa vida, esiximos ás autoridades españolas e marroquís, responsábeis da situación actual de folga de fame na que se atopa Aminetu Haidar, que lle permitan o regreso inmediato e sen condicións ao Aaiún (Sahara Occidental) e que apoien e defendan a xusta reivindicación do dereito á autodeterminación do pobo saharauí, como corresponde ás súas responsabilidades como potencia colonizadora até o abandono das súas responsabilidades no 1975 coa complicidade de Franco e Juan Carlos I,

Temos que ampliar coas forzas sociais, políticas e sindicais máis representativas da esquerda, no noso país, unha nova campaña unitaria pola defensa dos dereitos humanos e da libre determinación do pobo saharauí.

Galiza Decembro 2009

……………………………………………………………………………………….

Se o considerades oportuno, podedes enviar un fax, e-mail ou mesmo un correo ordinario co seguinte texto (vai en galego, francés,inglés e español) aos seguintes enderezos:

Embaixada de Marrocos
C/ Serrano 179, 28002 Madrid : 91 563 10 90 Fax : 91 561 78 87  correo@embajada-marruecos.es

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN

Dirección: Plaza de la Provincia, 1 – 28012 Madrid
Teléfono centralita: 91 379 97 00 / 91 379 83 00

Dirección: Edificio Torres Ágora. C/ Serrano Galvache, 26- 28033 Madrid
e-mail: buzonweb@mae.es

TEXTO

En apoio de Aminetu Haidar, en defensa da dignidade dos pobos, en apoio á loita pola autodeterminación do pobo saharauí.

Conmovidos polo exemplo de coherencia persoal desta loitadora saharauí, pero profundamente preocupados pola súa vida, esiximos ás autoridades españolas e marroquís, responsables da situación actual de folga de fame na que se atopa Aminetu Haidar, que lle permitan o regreso inmediato e sen condicións ao Aaiún ( Sahara Occidental) e que apoien e defendan a xusta reivindicación do dereito á autodeterminación do pobo saharauí, como corresponde ás súas responsabilidades ao Estado español, como potencia colonizadora até o abandono das súas responsabilidades no 1975.

En apoyo de Aminetu Haidar, en defensa de la dignidad de los pueblos, en apoyo a la lucha por la autodeterminación del pueblo saharaui.

Conmovidos por el ejemplo de coherencia personal de esta luchadora saharaui, pero profundamente preocupados por su vida, exigimos a las autoridades españolas y marroquíes, responsables de la situación actual de huelga de hambre en la que se encuentra Aminetu Haidar, que le permitan el regreso inmediato y sin condiciones al Aaiún ( Sáhara Occidental) y que apoyen y defiendan la justa reivindicación del derecho a la autodeterminación del pueblo saharaui, como corresponde a sus responsabilidades, en concreto al Estado español, como potencia colonizadora hasta el abandono de sus responsabilidades en 1975.

In support of Aminetu Haidar, in defence of the dignity of the peoples, in support to the fight by the self-determination of the saharaui’s peoples.

Affected by the example of personal coherence of this fighter saharaui, but deeply worried by his life, urged to the Spanish and Moroccan authorities, responsible of the current situation of strike of hambre in which find Aminetu Haidar, that allow him the immediate return and without conditions to the Aaiún ( Occidental Sahara) and that support and defend the fair reivindicación of the right to the self-determination of the saharaui’s people, as it corresponds to his responsibilities, in concrete to the Spanish State, as colonialist power until the abandonment of his responsibilities in 1975.

À l’appui d’Aminetu Haidar, en défense de la dignité des peuples, en appui à la lutte par l’autodétermination du peuple saharaui.

Affectés par l’exemple de cohérence personnelle de ce lutteur saharaui, mais profondément préoccupés par leur vie, nous exigeons des autorités espagnoles et marocaines, responsables de la situation actuelle de grève de faim où on trouve Aminetu Haidar, qui permettent le retour immédiat et sans condition à l’Aaiún (le Sahara Occidental) et qui soutiennent et défendent la revendication juste du droit à l’autodétermination du peuple saharaui, comme il correspond à ses responsabilités, concrètement à l’État espagnol, comme puissance colonisatrice jusqu’à l’abandon de leurs responsabilités en 1975.

Asinado:

Se tedes un pouco de paciencia, tamén se lle pode enviar a:

acreditaciones@mpr.es,
montas@un.org,
maciej.popowski@europarl.europa.eu,
llmdepuig@senado.es,
coepa.del@parliament.uk,
herta.daeubler-gmelin@bundestag.de,
epmadrid@europarl.europa.eu,
sonia.dona-perez@diplomatic.gouv.fr,
InfoDesk@ohchr.org,
dirk.debacker@consiliu.europa.eu,
eurobarometer@ec.europa.eu,
leonor.ribeiro-da-silva@ec.europa.eu,

Que corresponden a:

A Moncloa, Oficina de Ban Ki Moon (Naciones Unidas), Parlamento Europeo, Oficina do Parlamento Europeo en España, Nacións Unidas – Alto Comisionado de Dereitos Humanos, Consello de Europa, Comisión Europea.

Como sabedes é cuestión de copiar e pegar o texto e despois envialo polo procedemento que elixades.

NON CHEGUEMOS TARDE

ESIXENCIA DE RESPONSABILIDADES AOS GOBERNOS ESPAÑOIS E MARROQUÍ.

Autodeterminación para o pobo saharauí