XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E FRONTEIRA”   Actualizada!


A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.

A XXXVI Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 22 ao 26 de abril de 2019, baixo a epígrafe de “Filosofía e Fronteira“.

Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.

Como en anos anteriores asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 1.3 créditos ECTS homolgados por parte da Universidade de Vigo.

O prazo de matriculación está xa aberto, podedes matricularvos dende aquí.

A matrícula pecharase o domingo 21 de abril ás 13:00 horas.

Fiolsofía e Fronteira

XXXVI SGF “Filosofía e Fronteira”