XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E SAÚDE”
A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXVII Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 5 ao 9 de abril de 2021, baixo a epígrafe de “Filosofía e Civilización Dixital“.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuíta mais con cabida limitada e por estrita orde de chegada. As portas do Teatro estarán abertas cunha hora de antelación para facilitar a entrada en cada sesión.
Todas as conferencias serán retransmitidas en liña e as relatoras e os relatores só estarán de xeito presencial no teatro a mañá do luns e todas as tardes da semana. O teatro permanecerá aberto para aquelas persoas que desexen asistir ás conferencias ben sexa retransmitidas na pantalla ou ben presenciais, con cabida limitada, como quedou dito, de acordo co plan de continxencia fronte ao COVID-19 (que contén tamén entre outras medidas o uso de máscaras e xel desinfectante, o mantemento da distancia de seguridade e dunha correcta ventilación, a realización dun rexistro de participantes…).
Porén, este ano a asistencia á SGF non será certificada como formación do profesorado nin como créditos ECTS homologados por mor das mudanzas introducidas no programa derivadas do actual contexto de pandemia.
A SEMANA DA FILOSOFÍA EN DIRECTO
Segue en directo a XXXVII Semana Galega de Filosofía. Podes descargar o programa para coñecer os horarios das conferencias (os vídeos actívanse neses horarios).
Albino Prada Blanco
Inauguración da Semana Galega de Filosofía e Conferencia de Albino Prada Blanco
Iolanda Gomis
Tecnoloxía e Sociedade en Galiza: do colonialismo tecnolóxico á fenda dixital.
Santiago López Petit
Santiago López Petit. O algoritmo da vida.
Galiza (não) é uma mina
Extrativismo e engenharia social no contexto da emergência climática.
Belén Castellanos Rodríguez
Tempos virtuais e realidade fragmentada. unha ontoloxía para a era dixital.
David Rodríguez
Capitalismo total en Galicia. a sociedade á intemperie.
Antonio Lafuente
Laboratorios de deseño, humanidades dixitais e somnambulismo tecnolóxico.
Antonio Rial Boubeta
Do imperio do selfie á tiranía de instagram claves e desafíos.
Andoni Alonso
Decadencia do progreso.
Sabela Fraga Costa
A irrupción da imaxe: un exercicio contrahexemónico.
CONTACTA COA ORGANIZACIÓN
Utiliza este formulario para contactar con nós.
Lembra que a sede da Semana é o Teatro Principal de Pontevedra, localizado na rúa Paio Gómez Chariño.
Apartado 332
36080 Pontevedra.