CORENTA ANOS DE COMPROMISO COA FILOSOFÍA
A Aula Castelao de Filosofía naceu formalmente no curso académico 1983-1984 co obxectivo de galeguizar o ensino da filosofía nas súas múltiples dimensións (lingua, contidos, recursos, debates…). A Aula Castelao de Filosofía ten unha concepción da educación que traspasa os valados das aulas e racha co illamento do currículo a respecto da sociedade na que vivimos e tamén, xa que logo, traspasa as barreiras da propia materia para aplicar a perspectiva filosófica aos demais saberes.
O nome de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co que denominamos o noso colectivo, xa indica o pensamento que nos inspira. Un ideario que, no eido da filosofía que nos ocupa, tivo a súa concreción ao longo de catro décadas de actividade nos seguintes tres eixes de traballo:
Unha filosofía intercultural
Estamos comprometidas coa defensa do ensino da filosofía e do seu status académico, mais non concordamos en que fóra dese ámbito institucional esta non teña cabida. É posíbel e necesario sacar a filosofía das aulas á rúa, facela accesíbel, partillala e sometela a discusión pública, mais tamén é preciso facer o camiño inverso, aprender filosofía nas corredoiras e nas prazas, e traducir esta a unha linguaxe con aspiracións universais. Pretendemos estabelecer un diálogo entre o pensamento do pobo e a investigación académica, tronzando as burbullas nas que se adoita recluír ambos os dous ámbitos. Concordamos con quen considera que as ideas deben baixar de cando en vez do seu mundo para pasar pola experiencia da vida do pobo, antes de elevarse novamente na súa busca de universalidade.
Unha filosofía popular
Unha filosofía da liberación
ÚLTIMAS NOTICIAS
CANCELADA A CONFERENCIA DE ANA CARRASCO CONDE
XL SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, FILOSOFÍA E TEMPO
SALA DE PRENSA
Presentación da XL Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Tempo
A UVigo renova a súa colaboración coa Semana Galega de Filosofía
Recepción no Concello de Pontevedra
Santiago Auserón pechou a XXXIX Semana Galega de Filosofía
CONTACTA COA ORGANIZACIÓN
Utiliza este formulario para contactar connosco.
Lembra que a sede da Semana Galega de Filosofía é o Teatro Principal de Pontevedra, localizado na rúa Paio Gómez Chariño.
Montero Ríos s/n
36001 Pontevedra (Galiza)
Acerca de Nós
Contacto / RRSS
AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA
Montero Ríos s/n
36001 Pontevedra (Galiza)
Fax: 986 868 081