celebracion


ADIADO DA CELEBRACIÓN DA XXXVII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E CIVILIZACIÓN DIXITAL”

Dende a Aula Castelao de Filosofía comunicámoslles que a XXXVII Semana Galega de Filosofía (Filosofía e Civilización Dixital), que tería que celebrarse na semana do 13 ao 17 de abril, non poderá celebrarse en ditas datas como consecuencia da situación actual.
Queda por tanto adiada a súa celebración para outono. En datas posteriores volverase a abrir a matrícula e engadirase máis información sobre a celebración da XXXVII Semana Galega de Filosofía.