A Aula Castelao de Filosofía comeza a preparación da nova Semana Galega de Filosofía para 2022

A Aula Castelao de Filosofía leva semanas estabelecendo os primeiros contactos coas relatoras e relatores da Galiza e de todo o mundo, a fin de confirmar o cartaz da que vai ser a XXXVIII Semana Galega de Filosofía, que se desenvolverán entre o 18 e o 22 de abril de 2022. Estas xornadas de debate filosófico traerán á cidade de Pontevedra, coma outros anos, a algunhas das persoas máis relevantes do pensamento crítico mundial. Inicialmente, se as condicións sanitarias o permiten, poderase acudir presencialmente ás devanditas xornadas, que se complementarán con emisións en directo e “en liña” de todos os relatorios, tal e como se levou a cabo na anterior edición. Con todo, haberá que agardar até unhas semanas antes para coñecer as medidas de distanciamento social e/ou cabida que se estabelecerán para o acceso ao Teatro Principal. Na nosa nova web haberá toda a posíbel información ao respecto.