ATENCIÓN: MUDANZA NAS CONFERENCIAS


Por motivos de saúde, o relator Atilio Borón non acudirá este ano á Semana Galega de Filosofía e non poderemos contar coa súa conferencia de apertura. No seu lugar intervirá o profesor da Universidad Autónoma de Madrid, Carlos Taibo, co relatorio: Rússia frente a Ucrânia: impérios, povos, energia. Queremos agradecer a boa disposición e colaboración do profesor Carlos Taibo para participar na Semana deste ano e desexamos tamén que o señor Atilio Borón se recupere axiña. Agardamos que saibades desculpar as mudanzas.