Arquivo diario: 2021-12-17


SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXVIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, FILOSOFÍA E CONTRAHEXEMONÍAS

Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXXVIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 18 e 22 de abril de 2022, co título de: Filosofía e Contrahexemonías Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana, con vistas á ampliación e enriquecemento das posibilidades de debate. As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes: Ter unha relación clara co tema da Semana. Estaren escritas en galego. Non sobrepasar as 300 liñas. Nunha folla á parte: título, nome das autoras, enderezo, número de teléfono e correo  electrónico se o tiver. Como inicio da comunicación: título, autoras e enderezo ou correo electrónico  para facer público. No caso de non cumprir as devanditas condicións, así como uns […]