SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXVII SGF


Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXXVII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 13 e 17 de abril de 2020, co título de: Filosofía e Civilización Dixital

Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana, con vistas á ampliación e enriquecemento das posibilidades de debate.

As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:

  • Ter unha relación clara co tema da Semana
  • Estaren escritas en galego
  • Non sobrepasar as 300 liñas
  • Nunha folla aparte: título, nome dos autores/as, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver.
  • Como inicio da comunicación: título, autores/as e enderezo ou correo electrónico para facer público.

No caso que non se cumpran as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas.
As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como arquivo adxunto ao enderezo: aula@aulacastelao.com

A data límite para a recepción de comunicacións é o 24 DE XANEIRO DE 2020.