SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXIV SGF   Actualizada!


Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a vindeira celebración en Pontevedra da XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA que terá lugar entre os días 17 e 21 de abril de 2017 baixo a epígrafe de Filosofía e Saúde.
Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da SGF, con vistas á ampliación e enriquecemento das posibilidades de debate.

As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:
– Ter unha relación clara ca temática da XXXIV SGF.
– Estar escritas en galego.
– Non sobrepasar as 300 liñas.
– Nunha folla á parte: título, nome das autoras e autores, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver.
– Como encabezamento da comunicación: título, autoras e autores e enderezo ou correo electrónico para facer público.

No caso que non se cumpran as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas.
As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como ficheiro adxunto ao enderezo:
aula@aulacastelao.com
A data límite para a recepción de comunicacións é o 23 DE XANEIRO DE 2017.

Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0Email this to someone