SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXIII SGF


Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a vindeira celebración en Pontevedra da XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2016, co título de:
Filosofía e Política
Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de
celebración da SGF, con vistas á ampliación e enriquecemento das posibilidades de debate.
As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:
– Ter unha relación clara co tema da XXXIII SGF.
– Estaren escritas en galego.
– Non sobrepasar as 300 liñas.
– Nunha folla á parte: título, nome das autoras e autores, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver.
– Como inicio da comunicación: título, autoras e autores e enderezo ou correo electrónico para facer público.
No caso que non se cumpran as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas.
As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como ficheiro adxunto ao enderezo:
aula@aulacastelao.com
A data límite para a recepción de comunicacións é o 10 DE XANEIRO DE 2016.

Share on Facebook3Tweet about this on TwitterShare on Google+0Email this to someone