XORNADAS DE ARTE: “Xéneros na Arte”


Por enfermidade do relator de hoxe, hai un cambio nos relatorios de hoxe e mañá:

-Mércores, 9 de decembro de 2009

“A muller real versus a muller ideal a finais do século XIX.”

Erika Bornay Campoamor

Profesora de Historia da Arte na Universidade de Barcelona.

-Xoves, 10 de decembro de 2009

“Mulleres artistas: outra mirada na historia da arte”

Lourdes García Vázquez

Profesora de Historia IES do Castro de Vigo

-Venres, 11 de decembro de 2009

“Intervencións feministas na(s) historia(s) da arte.”

Patricia Mayayo

Profesora de Historia da Arte na Universidade Autónoma de Madrid.

Erika Bornay Campoamor

Profesora titular de Historia da Arte na Universidade de Barcelona. Os seus traballos de investigación e os seus ensaios versan sobre a iconografía da muller na pintura. Os títulos que acompañan esta reseña son dabondo elocuentes. A súa experiencia na novela levouna a facer fición sen abandoar a reconstrución de contextos históricos e artísticos veraces e sempre cunha visión crítica. (“Los diarios de Fiona Courtauld.” La Tempestad, Barcelona 2002. “Las historias secretas que Hopper pintó.” Icaria, Barcelona 2009). Destaca tamén a súa colaboración en diarios: “El País”, “La Vanguardia”. É membro da “Asociación Nacional e Internacional de Críticos de Arte”.

Neste relatorio, “A muller real versus a muller ideal a finais do século XIX”, convídanos a falar do tema obxecto dos seus últimos estudos, que buscan dar unha explicación aos cambios na temática e na representación destes dous tipos de iconografía. O tema contextualízao historicamente para poñer de relevo que aspectos, que cambios sociais e políticos deron lugar a aparición dun tipo de muller real, que contraviña un ideal que só estaba no imaxinario masculino.

Obras publicadas sobre arte:

-Historia del arte del siglo XIX. Planeta, Barcelona 1988

-Aproximación a Ramón Casas a través de la figura femenina. Ausa, Sabadell 1992

-Cómo reconocer el arte del Neoclásico. Edunsa, Barcelona 1996

-Las Hijas de Lilith. La imagen de la femme fatale en el arte. Cátedra, Madrid 1990.

-La cabellera femenina. Un diálogo entre poesía y pintura. Cátedra, Madrid 1994.

-Las mujeres de la Biblia en la pintura del Barroco. Imágenes de la ambigüedad. Cátedra, Madrid 1998

-Arte se escribe con M de Mujer. Sd ediciones, Barcelona 2009

Lourdes García Vázquez

É profesora de Xeografía e Historia no IES do Castro en Vigo. A súa investigación céntrase na visión da historia da arte desde a perspectiva das mulleres artistas. É un traballo divulgativo, cunha finalidade didáctica, para formar conciencias críticas e promocionar a expresión artística como complemento imprescindíbel dunha educación global.

Patricia Mayayo

É profesora de Historia da Arte na Universidade Autónoma de Madrid. A súa investigación céntrase na historiografía feminista e na arte contemporánea. Con ela temos a oportunidade de repensar e reescribir outras posibles historias da arte, para poder chegar a ter unha visión completa da realidade artística, máis alá da evidente preponderancia masculina oficial.

Obras publicadas sobre arte :

-Louise Bourgueois. Nerea, Hondarribia 2002

-Historia de mujeres, historia del arte. Cátedra, Madrid 2003

-Frida Kahlo. Contra el mito. Cátedra, Madrid 2008

Share on Facebook0Tweet about this on TwitterShare on Google+0Email this to someone